Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A enxeñeira informática Cristina Vázquez, CEO de Teimas, recibirá o Premio Ada Byron do CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A enxeñeira informática Cristina Vázquez, CEO de Teimas, recibirá o Premio Ada Byron do CPEIG

S. P.
Publicado: 22/04/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

cristina_vazquez_de_teimas.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (o CPEIG) decidiu conceder o Premio Ada Byron, enmarcado na celebración da XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia de 2024, á enxeñeira informática Cristina Vázquez “polo seu liderado ao fronte de Teimas”, empresa punteira galega na aplicación da tecnoloxía á xestión de residuos, co seu correspondente impacto positivo na sustentabilidade, na concienciación medioambiental e na exportación de coñecementos e servizos de Galicia cara o mundo. O galardón entregarase no marco da dita Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, que se celebra o 21 de xuño.
Cristina Vázquez Muíño (Santa Comba, 1986) é socia da empresa Teimas e directora executiva (CEO) da compañía desde febreiro de 2024. Inicialmente estudou Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas e, a continuación, Enxeñaría Informática, ambas titulacións na Universidade da Coruña (UDC). Tamén se formou como Executive en Desenvolvemento Directivo en 2021. “Sempre me fascinou crear cousas novas e encaixar pezas para resolver problemas, desde un crebacabezas a un Lego construción. Aínda que non tiven o meu primeiro ordenador ata ben entrada a adolescencia, o concepto da creación de software, que por aquel entón só vía nas películas, parecíame fascinante. Tamén cría naquel momento que prefería traballar con máquinas que con persoas. Visto agora con perspectiva, afortunadamente esa parte da expectativa non me saíu demasiado ben e puiden descubrir o enriquecedor que é colaborar, no só con equipos técnicos senón tamén con clientes e persoas doutras disciplinas, para construír produtos útiles” –lembra a enxeñeira–. Así, considerou que na rama da informática tiña varias cousas que encaixaban con ela, como eran a tecnoloxía, a creación de produtos desde cero e a contribución á solución de problemas en numerosos ámbitos.
En palabras do CPEG, “a xalleira Cristina Vázquez é un exemplo para as nenas e rapazas que están cursando os seus estudos de primaria e secundaria e que poden ter a inquietude de apostar polas carreiras STEM”, siglas de Ciencia, Tecnoloxía Enxeñaría e Informática. “O meu consello é que fagan o que realmente queiran. Eu era unha boa estudante e meus pais e o entorno recomendábanme que estudara medicina, pero eu non me vía exercendo esa profesión”, destacou, engadindo que estas disciplinas STEM ofrecen unha enorme gama de posibilidades para exercer e para evolucionar ou cambiar durante a vida laboral. Baixo o paraugas de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas, a enxeñeira explica que se reúnen moitas áreas imprescindibles para o mundo actual, pero tamén para deseñar e crear o mundo futuro. “As disciplinas STEM poden impulsar o progreso e o desenvolvemento en todas as áreas da sociedade e ofrecen oportunidades profesionais en constante demanda. Se penso en particular na informática, creo que o colectivo de profesionais é moi aberto, cunha gran comunidade e con numerosos grupos para compartir aprendizaxes. Aquí os retos e as oportunidades son constantes”, sinalan, apuntando que “iniciamos unha nova etapa na que agardamos dar solidez ao crecemento internacional, proporcionando as grandes empresas solucións dixitais para o control da información dos seus residuos e para cubrir as súas necesidades de maneira sinxela, sostible e rendible”.
Cristina Vázquez comezou a súa carreira profesional nunha consultora tecnolóxica, pero desde 2011 traballa en Teimas, empresa que crea e comercializa produtos software vinculados ao mundo dos residuos, situada en Santiago de Compostela. Debido ao seu perfil técnico, Cristina Vázquez ocupou o cargo de directora de operacións (COO) participando no deseño, creación e desenvolvemento de produtos software, ademais de formar parte de varios grupos de traballo con distintas empresas e administracións públicas. Tamén creou o equipo de éxito do cliente para comprobar de primeira man as inquietudes das empresas ás que dan servizo, e na creación da folla de ruta dos produtos da empresa, tendo a oportunidade de coordinar durante varios anos as áreas de negocio, produto e tecnoloxía para conseguir que estean aliñadas entre si e cos obxectivos da compañía. “Estes 13 anos en Teimas servíronme de preparación para a etapa como CEO que agora comezo. Inicio esta fase con moitísima ilusión e teño ao meu lado a un gran equipo, con moito coñecemento nas súas respectivas áreas. O reto é grande e tamén o entusiasmo”, indica.
Como CEO de Teimas, Vázquez centrarase en liderar o plan estratéxico da compañía, impulsar a dixitalización da cadea de valor do residuo en grandes corporacións a nivel nacional e internacional e en empresas xestoras de residuos, e potenciar a economía circular para protexer a saúde das persoas.
Cristina Vázquez recollerá a distinción na XI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia que se celebrará o 21 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago. O evento é un punto de encontro entre os colexiadas/os do CPEIG e un gran número de empresas e profesionais TIC de Galicia, que conta cunha destacada participación de cargos empresariais, institucionais e políticos e é un referente para o sector. A Noite é xa unha gala consolidada onde o Colexio profesional pretende mostrar a sociedade o traballo desenvolvido por enxeñeiras/os en Informática dentro da Sociedade da Información e as iniciativas relacionadas co ámbito das TIC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?