As persoas participantes do Programa Integrado de Emprego (PIE) de Compostela Monumental e a Xunta de Galicia remataron a actividade formativa sobre o paquete de ferramentas ofimáticas Office encadrado no dito programado e impartido polo docente Alberto Fandiño. O curso, de 40 horas lectivas na modalidade presencial, tivo lugar nas instalacións da aula de informatica que a Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental, ten a Algalia de Arriba 31, no centro histórico de Santiago.
O obxectivo logrado consistiu en que os participantes aprendesen a manexar con destreza as aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación, así como os programas informáticos máis usuais da Internet. O programa integrado de emprego de Compostela Monumental finalizará en novembro de 2024 cun obxectivo mínimo de inserción do 45% e conta coa colaboración da Dirección Xeral de Formación para ou Emprego e Orientación da Xunta de Galicia.
Remata o curso de Office impartido por Compostela Monumental ao abeiro do seu programa de emprego
Compartir Este Artigo

