Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Profesoras da UDC traballan en potenciar a secundaria europea a través dos videoxogos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Profesoras da UDC traballan en potenciar a secundaria europea a través dos videoxogos

S. P.
Publicado: 23/04/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

universidade_da_coruna_enfoques_interdisciplinares_secundaria_udc_videoxogos.jpgUn equipo de profesores-investigadores do Campus de Ferrol (UDC) está a achegar recursos para mellorar e ampliar a formación na Educación Secundaria do ámbito europeo a través de videoxogos de conflito. O obxectivo é tamén potenciar as capacidades do profesorado e máis do alumnado. Estas son as principais finalidades do Proxecto Erasmus+ Incorporating Interdiscipinarity in Secondary School Education Using Conflict Video Games (InterGames) que lidera pola UDC a profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e coordinadora do Mestrado en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos, Luz Castro.
Neste proxecto de innovación docente colabora outra docente do Campus Industrial de Ferrol, a profesora da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI), Ana Ares, así como os profesores da Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Elviña (A Coruña), María Bobadilla e Eduardo Barros.
O proxecto InterGames)está coordinado pola organización non gobernamental Südwind de Austria. Forman parte deste consorcio outras dúas ONGs, Citizens In Power de Chipre e Progettomondo de Italia, a empresa Helixconnect de Romanía, a Universidade da Coruña en España, e os centros de educación secundaria Björkhöjdskolan de Suecia e a Bundeshandelsakademie und Bundeshandelsschule Linz International Business School de Austria.
InterGames está co-financiado polo programa Erasmus+ da Unión Europea e conta cun orzamento de 400.000 euros. A Universidade da Coruña dispón de 63.450 euros para pór en marcha, antes de finais de 2025, un Laboratorio Virtual de Aprendizaxe para a formación do profesorado de secundaria, un informe científico que avalíe a eficacia da aprendizaxe interdisciplinar nesta etapa formativa así como a elaboración de material complementario para os centros de ensino.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?