Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae organiza en maio e xuño a segunda edición do curso de manexo de Flutter
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae organiza en maio e xuño a segunda edición do curso de manexo de Flutter

S. P.
Publicado: 23/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

flutter_vitae_2.jpgA consultora galega, referente na capacitación dos nosos profesionais e empresas en materia de tecnoloxías avanzadas e excelencia, vai organizar esta tempada a segunda edición do curso Introdución á programación con Flutter. Será unha actividade de 24 horas de duración, a desenvolver en formato de aula virtual con clases en directo (e acceso ás sesións gravadas para a súa consulta) os días 27 e 28 de maio e 3, 5, 6, 10, 12 e 13 de xuño de 2024.
Como lembraremos, Flutter é un kit de desenvolvemento de software (SDK polas súas siglas en inglés) de código fonte aberto e con múltiples posibilidades no ámbito das aplicacións móbiles. Creado por Google, utilízase para materializar interfaces de usuario para aplicacións en Android, iOS e web.
Segundo lembra Vitae, Flutter experimentou estes últimos anos “un crecemento moi grande en canto á súa popularidade, o que se debe principalmente á súa velocidade no desenvolvemento de apps de alta calidade”.
flutter_vitae_mobil.jpg Este curso caracterízase polo seu enfoque “eminentemente práctico”, no que os conceptos teóricos preséntanse de maneira dinámica a través de exemplos desenvolvidos en tempo real polo instrutor
durante as sesións. Os participantes terán a oportunidade de presenciar a aplicación práctica de cada concepto, seguido por exercicios guiados que les permitirán aplicar e reforzar o aprendido.
A metodoloxía de ensino céntrase na participación activa das alumnas e alumnos, que estarán inmersas/os na resolución de problemas e a creación de solucións concretas. “Esta dinámica”, sinala Vitae, “asegura que os participantes adquiran non só coñecementos teóricos, senón tamén a destreza práctica necesaria para desenvolver aplicacións efectivas con Flutter”.
O obxectivo é que, ao finalizar o curso, o alumnado non só comprenda os principios fundamentais do kit, senón que tamén desenvolva habilidades prácticas sólidas a través da aplicación directa dos conceptos en exercicios guiados e proxectos prácticos.
flutter_vitae.jpgO curso será impartido por Eduard Carreras, licenciado en Matemáticas e mestrado en Matemática Aplicada pola Universidade de Barcelona. Posúe máis de 20 anos de experiencia no eido do desenvolvemento de software, destacando a súa contribución na tecnoloxía detrás da distribución de resultados para os Xogos Olímpicos en seis edicións consecutivas, desde Salt Lake 2002 ata Londres 2012. É desenvolvedor freelance na exclusiva rede Toptal especializándose no desenvolvemento de aplicacións móbiles, con varias aplicacións publicadas para Android baixo a marca Poquesoft, que suman máis dun millón de descargas en Google Play e Apple Store. Tamén publicou para iOS desenvolvementos realizados en Flutter.
Entre as empresas e organismos que asesorou atópanse Nestlé, Acció, Atos, Fluidra, La Caixa, COI, FIFA, Toptal, Bizphone, CIFO L’Hospitalet, Barcelona Activa, etc.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?