Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cristina Aranda fixo no CITIC unha proclama pola IA inclusiva e xusta
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Cristina Aranda fixo no CITIC unha proclama pola IA inclusiva e xusta

S. P.
Publicado: 24/04/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

01.-cristina-aranda-1024x683.jpgNa tarde deste 23 de abril celebrouse no CITIC o cuarto obradoiro do ciclo HumanIA da Universidade da Coruña, programa formativo organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDC en colaboración co Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e a Comunicación (CITIC). A consultora de tecnoloxía, análise de datos, Intelixencia Artificial e transformación cultural e asesora sobre tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda Gutiérrez, foi a encargada de impartir o taller sobre Perfís profesionais: humanidades e IA.
Durante a sesión, Cristina Aranda convidou aos asistentes a reflexionar sobre como a IA pode ser “xusta e inclusiva” e por que é fundamental que o sexa. Tamén ilustrou como debemos abordar os retos sociais, éticos, laborais e educativos que implica esta tecnoloxía.
Cristina, co-fundadora de Big Onion e tamén de Mujeres Tech, asociación que promove iniciativas para impulsar a presenza feminina en diferentes postos de ámbito dixital, fixo un chamamento a realizar “a necesaria transferencia de tecnoloxía” e “abordar de maneira efectiva a cooperación dos diferentes perfís profesionais e persoais”.
O obradoiro enmarcouse como dixemos no ciclo formativo HumanIA UDC: O desafío para as Humanidades en tempos da Intelixencia Artificial, lanzado o pasado mes de setembro, e que ten como obxectivo mostrar o impacto e potencia da Intelixencia artificial en os estudos e nos postos de traballo relacionados coas Humanidades.
Ata o momento, máis de 400 asistentes participaron nos talleres de HumanIA nos que se abordaron tamén a regulación da Intelixencia Artificial e casos de uso no mercado laboral de Chat GPT e outras aplicacións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?