Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As tecnoloxías da linguaxe centran en Santiago a asemblea e a conferencia anual da NPLD
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As tecnoloxías da linguaxe centran en Santiago a asemblea e a conferencia anual da NPLD

S. P.
Publicado: 25/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

240425__linguistic_x-7.jpgA Cidade da Cultura acolleu este xoves 25 de abril a xornada da asemblea xeral da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), que se desenvolveu no Gaiás durante todo o día e rematou cunha visita a Compostela. Participaron, entre outros representantes do Goberno galego, o conselleiro de Cultura, Xosé López, e máis o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
As sesións continuarán este venres 25 no Gaiás coa conferencia anual da NPLD, que nesta edición tratará o impacto das tecnoloxías da linguaxe, e porá o broche de ouro cunha visita cultural por Padrón e Cambados.
Unha vintena de linguas minoritarias
A Cidade da Cultura reúne estes días representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa, co gallo da asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE.
Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, actúa como anfitrioa nos eventos deste 2024.
Na apertura oficial da asemblea participou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, Xosé López Campos, que animou os preto de 70 participantes de toda Europa congregados no Gaiás a percorrer as rúas de Santiago, “unha cidade que é símbolo como moi poucas do carácter multilingüe de todas as sociedades humanas”.
Na xornada tratáronse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentáronse varios informes, e mostráronse propostas e medidas para continuar no camiño da promoción da diversidade lingüística en Europa.
240425__linguistic_x-1.jpgAs tecnoloxías da linguaxe nos ámbitos social e económico
Este venres 25 de abril celebrarase a conferencia anual da NPLD titulada O Impacto das tecnoloxías da linguaxe nos ámbitos social e económico. O relatorio principal versará sobre o Proxecto Nós, que impulsa a Xunta de Galicia e executa tecnicamente a Universidade de Santiago de Compostela (USC) co obxectivo de introducir de pleno a lingua galega no mundo da Intelixencia Artificial. A exposición estará a cargo de Senén Barro e Elisa Fernández Rei, director e directora do CiTIUS e do Instituto da Lingua Galega (ILG), respectivamente.
O broche de ouro a estes dous días de convivencia porao unha visita cultural por Padrón, que inclúe as Fundacións Camilo José Cela e Rosalía de Castro, e Cambados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?