Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A IA para loitar contra o tráfico de patrimonio centrará un seminario internacional na UDC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A IA para loitar contra o tráfico de patrimonio centrará un seminario internacional na UDC

S. P.
Publicado: 26/04/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

conferencia_udc_trafico_propiedade_patrimonio_ia.jpgO grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI (ECRIM) da Universidade da Coruña organiza o vindeiro 30 de abril, na Facultade de Dereito, o seminario internacional Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto Horizon Europe RITHMS (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security), do que forma parte o ECRIM. O programa RITHMS, financiado pola Comisión Europea, céntrase en mellorar as capacidades tecnolóxicas das axencias do sistema penal para loitar contra o tráfico de patrimonio histórico e cultural.
Esta loita estase a materializar mediante o emprego de instrumentos de intelixencia e investigación baseados na Intelixencia Artificial (IA). Nesta iniciativa europea, o ECRIM lidera a análise xurídica e ética do emprego da IA e os aspectos criminolóxicos do proxecto.
No marco deste seminario internacional, na Facultade de Dereito da UDC reuniranse investigadoras e investigadores internacionais con responsables das unidades policiais especializadas de varios países europeos (España, Italia, Países Baixos, Romanía), así como con fiscais e representantes da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE) e do Consello de Europa, para discutir os límites e as potencialidades das actuais estratexias de loita contra este tipo de criminalidade.
O grupo de investigación ECRIM (Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI) ten a súa sede na Universidade da Coruña (A Coruña), en concreto nas Facultades de Dereito e Ciencias da Educación. O ECRIM está formado por uns 30 membros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?