Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As empresas de Boiro coñecen as vantaxes de transformación e de competitividade do Kit Dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As empresas de Boiro coñecen as vantaxes de transformación e de competitividade do Kit Dixital

S. P.
Publicado: 26/04/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

abe_boiro_kit_dixital_2.jpgNa tarde deste xoves 26 de abril celebrouse na aula multimedia da patronal boirense (ABE) un obardoiro informativo sobre o Kit Dixital, una iniciativa do Goberno de España que ten como obxectivo subvencionar a implantación de solucións dixitais para conseguir un avance significativo no nivel de madurez dixital das empresas.
O taller foi organizado pola Oficina AceleraPEME da Coruña que ademais de encargarse da información e difusión do Kit ofrece as empresas servizos gratuítos de apoio e asesoramento en transformación dixital. No decurso da actividade formativa explicáronse polo miúdo as diferentes convocatorias, condicións de acceso e todo os produtos dixitais que son susceptibles de axuda que van dende a web, comercio electrónico, xestión de redes sociais, programas de xestión ou loxística e crm entre outros.
abe_boiro_kit_dixital.jpgEsta xa é a segunda colaboración entre a Asociación Boirense de Empresarios e a oficina que segundo lembra a patronal está a disposición dos socios para asesoralos en “calquera tema relacionado coas TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación)”.
En canto ao Kit Dixital, a ABE realizou dende o inicio do programa en 2022 un intenso labor de información e difusión con 11 circulares informativas enviadas, 2 charlas informativas e numerosos post en redes sociais que se traduciron en 68 asesoramentos personalizados, 25 auto diagnósticos de madurez dixital e 17 solicitudes de axudas, das cales concedéronse o 100% cun importe medio de 2.500€ por expediente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?