O Polo Aeroespacial de Galicia participou esta semana en Xponential 2024, un dos eventos internacionais de referencia na industria dos vehículos e sistemas aéreos non tripulados. Na cita, celebrada no San Diego Convention Center, en San Diego, California, presentou o Polo mostrou os avances en I+D+i aplicada ás tecnoloxías dron desenvolvidos no marco da iniciativa.
Galicia contou con espazo propio no pavillón de España, que compartiu co Consorcio Aeronáutico Galego, así como con empresas e centros de coñecemento do ecosistema como Avincis, Telespazio Ibérica, Centum Research & Technology, Sense Aeronautics (empresa xurdida do Centro Tecnolóxico Gradiant), Lagos Experience & Solutions e ITG Drone Solutions, do Instituto Tecnolóxico de Galicia.
Segundo informou a Axencia Galega de Innovación (GAIN), a presenza do Polo Aeroespacial de Galicia neste evento responde á estratexia de internacionalización da iniciativa, que ten por obxecto
“fomentar a participación das empresas galegas nas principais feiras do sector para explorar oportunidades de negocio en países con interese na compra de produtos, tecnoloxías e solucións desenvolvidas na Civil UAVs Initiative ou por outras empresas do eido aeronáutico e aeroespacial en Galicia; e fomentar así a internacionalización do sector, fundamentalmente das pemes, e a venda das tecnoloxías desenvolvidas”.
GAIN cualificou de “intensa” a axenda de actividade do stand do ecosistema aeroespacial galego en Xponential 2024, de feito recibiuse en conxunto máis de 250 visitas e preto de 50 demostracións de interese.
Pola súa parte, a delegación da Administración galega visitou os espazos da feira dos Estados de Ohio, que ten unha iniciativa para un sandbox; Oklahoma, Nova York, que conta cunha zona de 50 millas para voos de proba; Virginia, Maryland, Michigan, Carolina do Norte, Oregón, Quebec e Alemania Trade & Invest. Tamén visitaron os espazos da NASA, da Federal Aviation Administration (FAA) e do National Center for Atmospheric Research, dos Estados Unidos.
Ademais de visitar stands de empresas e países de todo o mundo e de coñecer as últimas solucións tecnolóxicas no segmento dos drons, como pilas de combustible, fundamentalmente de hidróxeno, para propulsión; a delegación galega realizou unha visita ás instalacións de Boeing, socio estratéxico da Xunta no Polo Aeroespacial de Galicia, en Seattle.
Galicia luciu no Xponential 2024, en Californa, os avances do Polo Aeroespecial
Compartir Este Artigo

