Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno achega un servizo de videochamada para axudar aos maiores a facer a declaración
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno achega un servizo de videochamada para axudar aos maiores a facer a declaración

S. P.
Publicado: 26/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pedro_blanco_renda_concellos_rural_maiores.jpgEste 25 de abril o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, asistía a Taboadela (Ourense) para informar do novo programa da Axencia Tributaria que ofrece xa nesta campaña ás persoas maiores dos concellos rurais de Galicia a posibilidade de facer por videochamada a súa declaración da renda. Dicir que esta proposta estará dispoñible para as 34.000 persoas maiores de 65 anos residentes nos 52 concellos adheridos á iniciativa, todos eles de menos de 3.000 habitantes.
Nesta presentación, o delegado estivo acompañado polo alcalde, Álvaro Vila; o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González; o delegado da Axencia Tributaria en Galicia, Miguel Cárcaba; e a delegada deste organismo na provincia, Carmen Paula Pintos.
Engadir que ata o de agora, esta iniciativa atópase nunha primeira fase piloto, de maneira que máis concellos dos 158 que integran os chamados de Reto Demográfico en Galicia serán susceptibles de unirse tamén ao programa.
Indo ao programa en cuestión, sinalar que a cita para o servizo de confección de declaracións por videochamada poderá solicitarse a partir do 29 de abril, comezando o servizo como tal o 7 de maio. As citas poderán ser solicitadas nas respectivas casas do concello e a través da sede electrónica da Axencia Tributaria, xunto co resto de servizos de asesoramento que achega. No momento en que un veciño ou veciña destes municipios solicite cita para facer a declaración da renda, ofreceráselle facela a través de videochamada. Unha vez teñan cita, tan só terán que achegarse ao concello para ser atendidos por persoal da Axencia Tributaria. Na mesma videochamada xa poderán deixar presentada a súa declaración.
Ademais da posibilidade de pedir cita na sede electrónica, a Axencia Tributaria ofrece estes teléfonos de cita con atención persoal: 91 553 00 71 o 901 22 33 44 (de luns a venres, de 9 a 19 horas).
En Galicia hai 52 concellos beneficiarios deste servizo polo programa, nesta primeira fase piloto: 8 concellos da provincia da Coruña (A Capela, Frades, Irixoa, Lousame, Monfero, Santiso e Toques); 19 na provincia de Lugo (Abadín, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Begonte, Carballedo, Láncara, Navia de Suarna, O Incio, O Vicedo, Pantón, A Pobra do Brollón); 18 na provincia de Ourense (A Arnoia, A Pobra de Trives, Avión, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Entrimo, Laza, Lobios, Melón, Muíños, Riós, San Xoán de Río e Sandiás); e 7 na provincia de Pontevedra (Arbo, As Neves, Barro, Campo Lameiro, Covelo, Pazos de Borbén e Pontecesures).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?