Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pintos & Salgado reivindica a transparencia en xigantes como Amazon para protexer os dereitos dos cidadáns
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pintos & Salgado reivindica a transparencia en xigantes como Amazon para protexer os dereitos dos cidadáns

S. P.
Publicado: 29/04/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

victor_salgado-pintos_y_salgado-1_1_.jpgO bufete galego Pintos & Salgado, especializado no ámbito tecnolóxico, compartiu esta semana a súa visión sobre o xigante Amazon e as esixencias das que está a ser obxecto por parte da xustiza europea en materia de transparencia no posicionamento dos seus produtos, unhas reclamacións que chegan despois de ser denegada a suspensión para ser considerada unha plataforma de gran tamaño segundo o Tribunal Xeral da UE e que obrigan á empresa a adaptarse á norma europea e a mellorar a xestión da súa publicidade con fin de conseguir a máxima fiabilidade da mesma.
O bufete galego lembra que a decisión é clara: “Ao aplicarse a Lei de Servizos Dixitais (DSA), Amazon verase obrigado a remitir informes á UE especificando como deseñou o seu algoritmo, para posicionar uns produtos sobre outros e influír en ofértaas e demanda do seu propio mercado dixital, entre outras obrigas que lle impón a norma”.
Aproveitando o auto do vicepresidente do Tribunal Xeral da UE emitido o 27 de marzo de 2024, Víctor Salgado, do bufete de avogados da Coruña Pintos & Salgado, especializado en dereito dixital, contextualiza a importancia de coñecer o deseño algorítmico destes xigantes empresariais: “Non temos claro que clasificacións aplica Amazon para situar os seus produtos. Nun mundo ideal, o primeiro resultado sempre debera ser o que mellores prestacións, opinións ou prezo presta. Pero sabemos que non é así; a orde dos produtos está alterada e condicionada ás políticas e intereses empresariais de Amazon”.
Para Salgado, a opacidade “impide informarse de que criterios se aplican, sen saber por que predominan uns produtos sobre outros, situándose artificialmente nos primeiros resultados sen saber se formalizaron un patrocinio con Amazon. Coñecer o deseño algorítmico de Amazon, como mostran a publicidade e que intereses hai detrás, é de máxima importancia para protexer a nosa liberdade de elección, un principio básico para a UE en Internet”.
imaxe_de_arquivo-autoria_de_chuttersnap.jpgO avogado recorda que para impedir desvelar os detalles do seu algoritmo, Amazon opúxose inicialmente á aplicación da Lei de Servizos Dixitais alegando que non cumpría coas características dunha gran plataforma. E esta negación, para o despacho de Pintos & Salgado, é un síntoma da “resistencia das corporacións como Amazon, Apple, Google, Meta ou Microsoft a adaptarse a unha lexislación, a europea, máis protectora con respecto aos dereitos dos usuarios de Internet”. E engade Víctor Salgado: “Debemos entender que o réxime lexislativo de Estados Unidos, sede de moitas das grandes plataformas, tende á autorregulación: hai unhas obrigas xerais de libre competencia e protección ao consumidor, pero o resto de elementos do mercado déixanse en mans das empresas dixitais”.
O avogado incide tamén en que cuestións como o deseño dos seus algoritmos, os acordos e políticas de traballo internas enténdense como “segredo empresarial” en Estados Unidos. “En contraposición, o ordenamento xurídico europeo cambia de enfoque: parte da base de que existen uns intereses públicos que deben respectarse, e por iso busca unha maior transparencia e fiscalización do que se fai no mercado. Tenta garantir o fair play e protexer aos usuarios”.
Para o avogado especialista en dereito dixital, con esta decisión do Tribunal Xeral da Unión Europea tamén se expón a importancia de que tanto autoridades como usuarios saiban que condicións rexen os anuncios e posicionamentos de produtos: “Ampliar a información e transparencia por parte de Amazon é fundamental para que se garanta a libre competencia e a nosa liberdade de elección. A UE necesita reivindicar algoritmos transparentes ás grandes compañías para protexer os dereitos dos seus cidadáns”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?