Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Asociación Europea para a Transición Digital, Premio Colaboración Interadministrativa do CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Asociación Europea para a Transición Digital, Premio Colaboración Interadministrativa do CPEIG

S. P.
Publicado: 30/04/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

posado_de_todos_os_promotores_coa_ministra.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) decidiu conceder o Premio Colaboración Interadministrativa á Asociación Europea para la Transición Digital (AETD) pola súa proposta do “Pacto de Estado para protexer aos menores de idade en internet e redes sociais”. O galardón será entregado no marco da XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia de 2024, que se celebra o 21 de xuño en Santiago, no Hotel Puerta del Camino.
O Pacto de Estado
Segundo lembra o CPEIG, seis entidades da sociedade civil (Asociación Europea para la Transición Digital (AETD), Save The Children, Fundación ANAR, iCMedia, Dale Una Vuelta e UNICEF), co apoio institucional da Agencia Española de Protección de Datos (AEPD), da Fiscalía General del Estado, do Instituto de la Juventud de España (INJUVE) e da Comisión Nacional de los Mercados y la Competencia, uniron forzas para consensuar unha proposta de Pacto de Estado ante un problema cada vez máis perentorio: o impacto negativo que, en determinadas circunstancias, pode ter o uso de internet e as redes sociais nos menores de idade.
A AETD explica que os máis pequenos reciben o seu primeiro móbil de uso persoal aos 10,96 anos, e xa na adolescencia un 90,8% conéctase todos ou case todos os días e o 98% está rexistrado nalgunha rede social, segundo indica o estudo do Impacto da Tecnoloxía na Adolescencia. Relacións, Riscos e Oportunidades 2021 de UNICEF, a Universidade de Santiago e o Consejo de Colegios de Ingeniería Informática (CCII).
A iniciativa, presentada en xuño de 2023 ante o inicio da presidencia española da Unión Europea, nace dunha “fonda preocupación sobre os riscos que enfrontan os nenos, nenas e adolescentes en internet e as redes, ao utilizar servizos deseñados para adultos, que poden afectar a súa socialización e potenciar posibles problemas de saúde mental, como a ansiedade e a depresión, e facilitar situacións de violencia como o acoso escolar e sexual”.
A vicepresidente da AETD e impulsora do Pacto de Estado, Ana Caballero, sinala que “os dispositivos móbiles convertéronse nunha porta a contidos pornográficos, o que xera unha banalización das relacións sexuais, sexualización precoz e exposición a contidos inadecuados”. Tamén destaca “a preocupación pola captación masiva de datos dos menores, con vistas a seu perfilado para a venta a terceiros con fins publicitarios”.
Ante esta situación, a AETD e o resto de entidades asinantes consensuaron un manifesto cunha serie de medidas sobre a necesidade de asumir o problema, formar aos profesionais para afrontalo, e desenvolver a lexislación vixente para que todos os actores implicados asuman a súa responsabilidade na necesidade dun entorno dixital que non dane a unha poboación vulnerable, como son os cativos e os adolescentes.
A proposta conta actualmente con máis de 160 entidades adheridas. Como resultado e xa presente na primeira liña da axenda política, o Ministerio de Juventud e Infancia creou o Comité de Personas Expertas para la Generación de un Entorno Digital Seguro para la Juventud y la Infancia, presidido pola propia Ana Caballero, que terá a función de deseñar unha estratexia nacional para fomentar un entorno dixital seguro dirixido especificamente a poboación infantil e adolescente. O presidente do CPEIG e do CCII, Fernando Suárez, forma parte deste comité.
Ana Caballero recollerá a distinción na XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia que se celebrará o 21 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago. O evento é un punto de encontro entre os colexiadas/os do CPEIG e un gran número de empresas e profesionais TIC de Galicia, que conta cunha destacada participación de cargos empresariais, institucionais e políticos e é un referente para o sector. A Noite é xa unha gala consolidada onde o Colexio profesional pretende mostrar a sociedade o traballo desenvolto por enxeñeiras/os en informática dentro da sociedade da información e as iniciativas relacionadas co ámbito das TIC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?