Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Na Rede todo o que precisamos saber sobre o Certame de Microrrelatos das Letras Galegas da Xunta e CLUN
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Na Rede todo o que precisamos saber sobre o Certame de Microrrelatos das Letras Galegas da Xunta e CLUN

S. P.
Publicado: 30/04/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

politica_linguistica_valentin_garcia_feiraco_letras_galegas.jpgA Secretaría Xeral de Política Lingüística (Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude), e a empresa galega láctea Feiraco, integrada na Cooperativa Rural Galega CLUN, botaron a andar este martes 30 de abril a XII edición do Certame de Microrrelatos para celebrar o Día das Letras Galegas entre toda a sociedade. O obxectivo será “incentivar o pensamento creativo e a lectura en lingua galega”. Para impulsar estes desafíos xa está a pleno rendemento a web da iniciativa, leiteratura.feiraco.es. Tamén teremos información completa no Portal da Lingua de Política Lingüística.
letras_galegas_feiraco_politica_linguistica_follas_novas.jpgNo acto de presentación, celebrado na libraría compostelá Follas Novas, participou o secretario xeral da Lingua, Valentín García, quen salientou a novidade desta edición, que inclúe, por primeira vez, a participación do público adulto “pero sen deixar de lado a mocidade, na cal radica o futuro da nosa lingua e a que alentamos sempre a soñar, crear e imaxinar na lingua propia igual que no seu día fixo Luísa Villalta”.
Canda o representante autonómico tamén participaron o director xeral de CLUN, Juan Gallástegui; a directora do departamento de Marketing e Comunicación de CLUN, Jessica Rey; o fundador da libraría Follas Novas, Rafael Silva, e a comunicadora Esther Estévez, e madriña desta iniciativa.
letras_galegas_feiraco_politica_linguistica_2.jpg Certame aberto á sociedade
Esta nova edición establece dúas modalidades de participación, unha para alumnado de secundaria (a partir de 12 anos) e outra para adultos (de 18 anos en diante).
Na categoría xuvenil, o profesorado responsable dos centros educativos deberá seleccionar o mellor relato de cada curso e presentalo en formato PDF, xunto co formulario que aparece na web do concurso.
O prazo de recepción dos traballos en ambas as dúas modalidades estará aberto ata o 18 de maio.
Os textos, que versarán sobre unha temática libre, serán orixinais, estarán escritos en galego e non poderán superar as 500 palabras. Ademais, deberán cumprir o requisito de comezar pola frase Púxenme a escoitar, seleccionado dun texto de Villalta.
As bases completas para participar poden consultarse no Portal da Lingua Galega.
letras_galegas_clun_feiraco_politica_linguistica.jpgOs premios
O xurado do concurso, integrado por persoal da Secretaría Xeral da Lingua e da empresa láctea, valorará a orixinalidade, a creatividade, así como o coidado na redacción e o uso correcto da lingua galega.
Tanto nunha coma noutra categoría establécense tres premios. A persoa a quen se lle conceda o primeiro premio recibirá un lote de produtos Feiraco, un ano de libros en galego e o regalo da vaca suxeitalibros; a galardoada co segundo levará un lote de produtos Feiraco e un ano de libros en galego, e quen gañe o terceiro será agasallado cun lote de produtos Feiraco e unha selección de libros de Luísa Villalta.
Na anterior edición, que contou cunha boa participación, gañaron os colexios CEIP Nosa Señora das Dores, de A Coruña, e IES Urbano Lugrís, de Pontevedra.
Practicando a Leiteratura
A directora de Marketing e Comunicación de CLUN, Jessica Rey, explicou que “con este certame queremos reivindicar a lectura facendo un chamamento a practicar a Leiteratura. Xa que a lectura e o leite maridan moi ben, e aportan noso momento de desconexión diario que precisamos. Leiteratura é un momento para deixar as pantallas e dedicar á lectura. Recuperando ese espazo que os móbiles, ás veces sen darnos conta, rouban á lectura.”
Pola súa banda, Juan Gallástegui, director xeral de CLUN, destacou que “o leite e a literatura son dous dos principais produtos de Galicia. A súa unión fala de pasado, presente e futuro. Fala dos galegos e galegas e do que somos quen de conquerir co esforzo de cada día. E que mellor día para celebrar este propósito que o Día das Letras Galegas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?