Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Coworking Dixital Compostela achega en maio formación en LEGO Serious Play, Realidade Virtual e emprendemento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Coworking Dixital Compostela achega en maio formación en LEGO Serious Play, Realidade Virtual e emprendemento

S. P.
Publicado: 30/04/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

4745_af_ccompostela_realidadevirtual_gl-reduc.jpgO Coworking Dixital Compostela organiza este mes de maio unha completa serie de obradoiros de transformación de gran interese para as empresas. Inclúese no programa un curso sobre LEGO Serious Play, unha acción formativa sobre Realidade Virtual e Realidade Aumentada para potenciar o noso negocio e máis unha actividade colaborativa (bootcamp) de emprendemento.
Respecto do primeiro curso, Constrúe o teu modelo de negocio con LEGO Serious Play, desenvolverase o día 14 de maio de 2024, martes, a partir das 15.30 horas, na sede da Cámara de Santiago. Constará de catro horas de duración. Segundo explica o Coworking Dixital Compostela, LEGO Serious Play é unha metodoloxía de facilitación e co-creación que utiliza o xogo e a construción con bloques LEGO como ferramenta principal. Esta metodoloxía foi desenvolvida por LEGO Group e utilízase nunha variedade de contextos, incluíndo a toma de decisións empresariais, o desenvolvemento de equipos, a resolución de problemas e a creatividade. A través desta interesante ferramenta os participantes poderán desenvolver e visualizar de forma práctica as claves do seu proxecto, dado que a interacción manual e espacial apoian a co-creación de ideas innovadoras. Ademais, o longo do obradoiro e tomando como referencia esta ferramenta, desenvolverase un análise do proxecto e do modelo de negocio xerado.
A sesión será impartida por Pablo López, licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade da Coruña, ademais de contar co certificado en coaching individual e de equipos coa International Coach Community. Facilitador certificado en Metodoloxía LEGO Serious Play.
O seguinte curso, Explorando Novas Realidades: Realidade Virtual, Realidade Aumentada e Visión Artificial, celebrarase o mércores, 22 de maio a partir das 16.00 horas na sede da Cámara de Comercio e terá 2 horas de duración. Esta xornada está deseñada para introducir a persoas emprendedoras, autónomas e profesionais do mundo empresarial no apaixonante mundo das tecnoloxías inmersivas. Comezará cunha explicación do que son a Realidade Virtual (VR), a Realidade Aumentada (AR) e a Realidade Mixta (MR), abranguendo dende as súas definicións e usos, ata unha breve historia da súa evolución e as solucións de mercado máis destacadas. Ofrecerase unha experiencia práctica con gafas de VR, onde os asistentes poderán mergullarse en diferentes entornas como vídeos, visitas virtuais a museos, exploración de paisaxes e simulacións de experiencias médicas.
Marc Badosa Samsó, grao de Multimedia, Aplicacións e Videoxogos na Universidade de Vic e Mestrado en Intelixencia Artificial e en Visión por Computador, será o encargado de impartir os contidos. Actualmente traballa como investigador e docente en IA en proxectos de recoñecemento.
bootcamp_camara_santiago.jpgA maiores do 27 de maio ao 30 de maio celebrarase un Bootcamp de Emprendemento, en horario de 15:30 a 19:30 horas e en formato presencial, no Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago. Terá 16 de horas de duración. As persoas participantes adquirirán coñecementos no deseño da idea, nas estratexias de produto baseadas na clientela obxectivo, na construción de produtos áxiles para lanzar ao mercado e nas distintas fórmulas de financiamento para a súa startup.
Xornada 1 (27 maio de 15:30 a 19:30 h): Da idea ao modelo de negocio dixital
Xornada 2 (28 maio de 15:30 a 19:30 h): Quen é o meu cliente dixital?
Xornada 3 (29 maio de 15:30 a 19:30 h): Constrúe o teu Produto Mínimo Viable
Xornada 4 (30 maio de 15:30 a 19:30 h): Etapas e necesidades de financiamento da startup

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?