Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: No Portal da Lingua as mostras gañadoras do Concurso-Exposición Letras Galegas 2024
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

No Portal da Lingua as mostras gañadoras do Concurso-Exposición Letras Galegas 2024

S. P.
Publicado: 02/05/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

premioexposicionescolar_letrasgalegas4.jpgO CEIP Raquel Camacho da Coruña acolleu este xoves 2 de maio a entrega dos premios do Concurso-Exposición das Letras Galegas organizado pola Consellería de Cultura a través da Secretaría Xeral de Lingua. Na cita participaron o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o secretario xeral de Política Lingüística Valentín García. O premio da categoría de Educación Infantil e Primaria foi dar ao dito CEIP pola exposición Luísa Villalta, tatuada na pétrea pel do mar. Podemos vela no Portal da Lingua xunto coas outras propostas gañadoras.
O concurso mobiliza cada aos centros de ensino público non universitario co obxecto de elaboraren unha exposición sobre a obra, época e lingua do autor ou da autora homenaxeada e sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que viviu. Nesta ocasión, sobre a poeta, música e ensaísta coruñesa Luísa Villalta, á quen se lle dedican as Letras Galegas de 2024.
López Campos salientou a “creadora excepcional” no panorama literario galego que era a homenaxeada e incidiu en que a súa escrita resultou renovadora pola continua exploración que fai sobre a relación entre a música e a poesía.
premioexposicionescolar_letrasgalegas3.jpgO conselleiro gabou que o alumnado do CEIP Raquel Camacho, coa colaboración do profesorado, logrou crear un harmonioso conxunto de carteis en que destacan a “creatividade, a beleza estética, o carácter integrador e inclusivo” e o emprego de técnicas e recursos diversos (códigos QR que levan á linguaxe de signos, biografía en pictogramas, linguaxe Braille etc.), na procura de difundir a vida e a obra de Luísa Villalta entre a rapazada.
Esta exposición vai acompañada da guía didáctica correspondente, que orienta o percorrido polos carteis e contribúe de forma idónea ao coñecemento e á divulgación da figura homenaxeada e da súa época.
Carteis en 2.000 puntos
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Lingua, está a distribuír os carteis e a guía premiados en case 2.000 puntos de destino: centros educativos de toda Galicia, mais tamén aos centros nos que se imparte galego fóra da nosa Comunidade Autónoma (de Castela-León, de Londres, de Bos Aires ou de Caracas); bibliotecas, concellos, centros de estudos galegos e lectorados, concellos de fala galega, como os do Val do Ellas en Estremadura; centros da emigración e distintas asociacións que traballan a prol da lingua e da cultura galegas dentro e fóra das nosas fronteiras. Ademais, poderán verse nalgunhas estacións de tren de Galicia.
O cartel número 1 de primaria, que mostra un percorrido pola cidade da Coruña da man de Luísa Villalta, foi elixido polos supermercados da cadea Eroski-Vegalsa para conmemorar o Día das Letras Galegas.
Ademais, as exposicións están dispoñibles en versión dixital e pódense descargar (canda outros recursos como marcadores de páxina, regras etc., e outros creados polos equipos de dinamización da lingua galega doutros centros educativos) no Portal da lingua galega, a web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?