Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O investigador Jorge Parra, distinguido co I Premio atlanTTic á Mellor Tese Doutoral
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O investigador Jorge Parra, distinguido co I Premio atlanTTic á Mellor Tese Doutoral

S. P.
Publicado: 02/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

premioatlanttic.jpgO investigador da Universidad Politécnica de Valencia Jorge Parra Gómez, autor dunha tese de doutoramento sobre unha nova xeración de dispositivos fotónicos, resultou o gañador do 1º premio atlanTTic á mellor tese de doutoramento no ámbito das tecnoloxías de telecomunicación realizada en España no ano 2022.
O galardón, convocado polo Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo xunto á sección española do IEEE, Institute of Electrical and Electronics Engineers, buscaba a mellor tese de doutoramento a nivel nacional no devandito ámbito así como render homenaxe a Manuel Ramos e Fernando Isasi, ambos docentes da EE de Telecomunicación e investigadores de atlanTTic, falecidos en maio de 2022, no caso de Ramos, e en agosto de 2023, no de Isasi.
A entrega do galardón celebrouse na sala Manolo Ramos do edificio Ernestina Otero, e contou coa participación do reitor Manuel Reigosa; a vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio; o director de atlanTTic, Martín Llamas, e a subdirectora do centro, Yolanda Blanco, quen lle deron os seus parabéns ao gañador do premio por un traballo “que é símbolo de modernidade”, tal e como lle recalcou o reitor, que salientou que esta investigación “pon de manifesto que o sistema que temos en España de ciencia e tecnoloxía é absolutamente homologable aos mellores do mundo”.
Tal e como explicou Parra durante o acto, a súa tese céntrase no “desenvolvemento dunha nova xeración de dispositivos fotónicos esenciais para aplicacións en comunicacións ópticas, computación avanzada, vehículos autónomos e procesamento cuántico da información, entre outros”. O obxectivo desta investigación foi “deseñar, fabricar e demostrar experimentalmente dispositivos innovadores, incluíndo dispositivos con efecto memoria, desfasadores e dispositivos con non linealidade óptica”. Os principais resultados amosan avances significativos en miniaturización, capacidade de integración, eficiencia enerxética e ancho de banda, ofrecendo solucións disruptivas respecto ás tecnoloxías existentes.
19 aspirantes a un premio dotado con 2000 euros
Esta primeira convocatoria do galardón consistiu nun único premio cunha dotación económica de 2000 euros e as persoas candidatas que optaron ao mesmo tiñan como requisito que defendesen a súa tese no eido das tecnoloxías de telecomunicación, en concreto comunicacións, servizos dixitais e/ou ciberseguridade, en calquera universidade española entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022. Ademais, os seus traballos debían ter obtido a máxima cualificación, excelente cum laude, e tiñan que ter publicado dous artigos JCR Q1/Q2 ou, no seu defecto, dispor dunha patente en explotación, por un resultado da investigación realizada no contexto da tese.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?