Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ignasi Belda ocupará a dirección xeral da AESIA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ignasi Belda ocupará a dirección xeral da AESIA

Redacción
Publicado: 13/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ignasi_belda.jpgO Ministerio para a Transformación Dixital e a Función Pública, a través da súa Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, rematou o proceso para seleccionar ao director xeral da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) que terá sede na cidade da Coruña.
O Consello Reitor da AESIA reuniuse onte nunha sesión na que os seus membros acordaron este nomeamento a proposta da presidencia da Axencia, ostentada pola titular da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, Mayte Ledo. O elixido para liderar a institución pioneira a nivel europeo é o doutor Ignasi Belda, un profesional altamente cualificado e cunha sólida formación académica e experiencia técnica en intelixencia artificial.
Belda é enxeñeiro informático cun doutoramento en IA e un segundo doutoramento en dereito da tecnoloxía, unha condición moi axeitada para esta función, tendo en conta o ámbito de acción da Axencia e o papel que xogará na supervisión no marco do Regulamento Europeo de Intelixencia Artificial. Belda posúe unha ampla traxectoria en proxectos de investigación en materia de intelixencia artificial con resultados tanxibles e aplicacións prácticas, especialmente en biomedicina.
Na súa dilatada experiencia profesional destaca o seu papel como director xeral do Parc Científic de Barcelona, unha institución pública dedicada ao impulso da innovación e a investigación, onde liderou con éxito un equipo multidisciplinar. En 2019 Belda fundou MiWEndo Solutions, que desenvolveu un dispositivo enfocado a mellorar a detección dos pólipos malignos que aparecen no cancro colorrectal.
Pola súa traxectoria académica e profesional, así como a combinación de experiencia no ámbito privado e o público, o doutor Belda presenta unha experiencia interdisciplinaria en xestión da ciencia e a tecnoloxía nos ámbitos da enxeñería, as ciencias da vida, as ciencias sociais e as ciencias humanísticas.
Belda coñece ben o sistema español e europeo de investigación e universidades e posúe unha ampla rede de conexións internacionais, que serán cruciais para o posicionamento da axencia a nivel nacional e internacional. Galardoado con máis de 25 premios durante a súa traxectoria, destacan o Premio Princesa de Girona 2014 ou o Premio Healthy Longevity outorgado pola Asociación Americana de Medicina pola Innovación do Ano, no 2020. Ademais, acredita un número de publicacións académicas de calidade en materias como os retos éticos que presenta a intelixencia artificial, as redes neuronais e as matemáticas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?