Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña presenta aos alcaldes o novo padrón en liña e a app do Catastro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña presenta aos alcaldes o novo padrón en liña e a app do Catastro

Redacción
Publicado: 14/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

rioboo_4_catastro_app.jpgCoincidindo coa Semana da Administración Aberta que organiza o Goberno de España estes días, a Deputación da Coruña e o Catastro presentaron hoxe aos alcaldes e alcaldesas da provincia as novas ferramentas tecnolóxicas e virtuais que ambos organismos poñen a dispor dos municipios e a cidadanía.
A xornada foi inaugurada polo deputado de Facenda, Contas e Avance Dixital,José Ramón Rioboo, a xerente rexional do Catastro, Victoria Fernández, o xerente adxunto, Isidoro Miguel Pérez.
Rioboo destacou a importancia da “colaboración entre institucións para achegar a administración á cidadanía e prestar máis e mellores servizos”. Neste sentido destacou iniciativas xa en marcha como os Puntos de Información Catastral (PIC) que, grazas a un acordo entre Deputación e Catastro, ten instalados a administración provincial en todas as súas oficinas tributarias da provincia para achegar a información castastral que o cidadán necesite ou demande.
Tamén salientou o avance que supón o novo padrón en liña, que se está implantando en todo o Estado cun investimento de máis de 60 millóns de euros con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia do Goberno de España, un proxecto que na provincia da Coruña lidera a Deputación, e que permitirá “a actualización e sincronización en tempo real dos datos dos padróns municipais e o Instituto Nacional de Estatística (INE)”.
Esta nova forma de xestionar os padróns municipais suporá un salto de calidade, xa que se poderá coñecer a evolución da poboación con maior frecuencia, xerar unha base de datos sobre fogares e quen conviven nestes, dispor de información territorial unificada e ofrecer servizos homoxéneos á cidadanía.
O padrón municipal é un rexistro administrativo importante, xa que permite que as persoas podan ter acceso a servizos públicos como educación, sanidade ou servizos sociais nun municipio, ademais do dereito ao voto nos distintos procesos electorais.
A Deputación presentou tamén as liñas mestras da súa Estratexia Dixital, que inclúe un plan de ciberseguridade, a renovación de infraestruturas dixitais, melloras na accesibilidade e o proxecto Concello Dixital.
A xerencia territorial do Catastro presentou un servizo de atención por videochamada; un novo asistente virtual ao cidadán na súa sede electrónica e Catastro_app, unha aplicación móbil para facilitar as xestións.
Esta permitirá reunir e personalizar en cada dispositivo móbil, só para uso persoal, información de todos os seus inmobles urbanos e rústicos, xa que poden engadir fotografías, esbozos ou anotacións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?