Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A directora do IGAPE salienta o papel de ViaGalicia no ecosistema emprendedor galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A directora do IGAPE salienta o papel de ViaGalicia no ecosistema emprendedor galego

Redacción
Publicado: 14/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20240614-igapeviagalicia_1.jpgA directora do IGAPE, Covadonga Toca, participou esta mañá, en Vigo, no acto de clausura da 7º edición de ViaGalicia, aceleradora de proxectos innovadores impulsada pola Zona Franca e a Xunta, e que acolle propostas de todos os sectores produtivos. Neste marco, subliñou o papel que xoga desde hai xa unha década esta iniciativa na configuración dun sistema emprendedor galego sustentado no talento e na innovación.
“Non hai dúbida de que innovación e talento brindáronnos moitos dos elementos do noso progreso e benestar, e seguirán facéndoo”, sinalou Toca Carús, quen puxo en valor que esta aposta facilita ofrecer “solucións avanzadas para grandes retos” causando “un impacto na sociedade, un cambio para ben, con repercusión na vida das persoas”.
Neste sentido, a través de ViaGalicia outórgase soporte e asistencia na súa fase inicial a emprendedores e empresas, ofrecendo capital semente, formación, infraestruturas e asesoramento intensivo. Así, e como expuxo a directora do Igape, desde a súa posta en marcha a aceleradora ten impulsado a creación de 93 empresas das que preto do 70% seguen activas, xerando máis de 500 postos de traballo e 45 millóns de facturación.
“ViaGalicia contribúe de modo decisivo a apoiar a creación e aceleración de empresas innovadoras; a diversificar o tecido empresarial, modernizar e dixitalizar os sectores máis tradicionais de Galicia; a impulsar a transferencia de coñecemento e tecnoloxía; e a atraer talento”, resaltou Toca Carús, quen sinalou o peso que xoga a aceleradora no conxunto do ecosistema emprendedor galego.
Un ecosistema, afondou, coa vista posta na “innovación, a dixitalización e a sustentabilidade”, que se presenta “cada vez máis maduro” como amosan o conxunto das iniciativas impulsadas polo Goberno galego.
Entre estas, a directora do IGAPE destacou a aceleradora Galicia Avanza para a internacionalización das pemes; ou a rede galega de business factories que inclúe alimentación (BFFood), automoción (BFAuto), aeronáutico (BFAero), e a economía circular (Clima Tech), e que teñen permitido ata o de agora, de modo conxunto, a creación de 120 empresas e de máis dun milleiro de empregos de alta cualificación.
“Neste marco, ViaGalicia permite conectar axentes clave e crear unha comunidade de emprendedores, mentores e empresas consolidadas. Co noso esforzo compartido seguiremos facendo desta aceleradora un espazo único de atracción de talento e de capacidades”, concluíu Toca Carús.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?