Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As institucións públicas renovan o seu apoio ao Nodo CIBER.gal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As institucións públicas renovan o seu apoio ao Nodo CIBER.gal

Redacción
Publicado: 17/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

seguridade-12.jpgA Xunta, o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), o Centro Criptolóxico Nacional (CCN), a FEGAMP e as catro deputacións provinciais veñen de renovar o seu compromiso de cooperar en materia de ciberseguridade prorrogando o convenio que dá continuidade á labor do Nodo CIBER.gal. Este espazo público-privado, ao que están adheridas 50 entidades, impulsa desde 2020 diferentes actuacións de capacitación, concienciación e prestación de servizos de ciberseguridade para cidadáns, empresas e administracións públicas.
Ao longo destes catro anos o Nodo consolidou o Encontro galego CIBER.gal como a cita anual da ciberseguridade en Galicia, na que expertos nacionais e internacionais abordan os retos e oportunidades desta tecnoloxía, ao tempo que impulsa as vocacións temperás cun concurso Ciberseguridade no cole.
ciber-2024b.jpg A IV edición de CIBER.gal celebrase os vindeiros 6 e 7 de novembro na Cidade da Cultura. Previamente, terá lugar no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) unha xornada destinada ao tecido industrial de Galicia e ao sector da innovación e da ciberseguridade
Entre as actividades do Nodo está a posta en marcha de dous grupos de traballo para identificar necesidades en materia de ciberseguridade para empresas e cidadanía e que realizaron arredor dunha trintena de actuacións das que se beneficiaron preto de 900 persoas. Está previsto poñer en marcha un novo grupo de traballo dirixido ás empresas no segundo semestre do ano.
cibercarracho1.jpg No ámbito da concienciación, o Nodo desenvolveu campañas de sensibilización a través das iniciativas #Cibercarracho e #Ciberesther que suman máis de 80 vídeos con máis de 5 millóns de visualizacións.
Ao longo destes catro anos o CIBER.gal participou en mais de 25 eventos, xornadas e iniciativas relacionadas coa ciberseguridade a nivel autonómico e nacional, e colaborou con organismos relevantes no ámbito da ciberseguridade, como a Global Cybersecurity Alliance (GCA), ISMS Forum ou Women4Cyber Spain.
Ademais, no marco das actuacións do Nodo, Galicia, xunto con Cataluña e Valencia e, en colaboración co Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), porá en marcha o futuro Centro de innovación e Competencia da Ciberseguridade, enmarcado no Programa de Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica (Retech) e no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado con fondos Next Generation EU, que contempla liñas de actuación en catro ámbitos: as ciencias da saúde, o transporte intelixente, a industria conectada e a excelencia operativa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?