Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Ourense contribuirá a un futuro con tecnoloxías seguras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Ourense contribuirá a un futuro con tecnoloxías seguras

Redacción
Publicado: 18/06/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20240618_centrociberseguridadeourense.jpgO conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitaron hoxe as obras do Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Ourense, que presentou como unha oportunidade para formar parte da construción dun futuro cunhas tecnoloxías seguras ao servizo das persoas.
Durante a visita, Miguel Corgos resaltou que este centro acollerá os sistemas de monitorización e xestión da ciberseguridade na Comunidade, en coordinación co Centro Criptolóxico Nacional e co Instituto Nacional de Ciberseguridade. Ademais de coordinar unha boa parte da actividade de formación e adestramento, polo que contará con espazos adaptados para que se poidan impartir todo tipo de cursos e prácticas.
Así mesmo, recordou que a nova infraestrutura contará cun espazo para a instalación de empresas e emprendedores, que poderán aproveitar as vantaxes desta concentración de coñecementos e recursos. E centralizará, tamén, parte da actividade do Nodo Galego de Ciberseguridade, formado por máis de medio cento de institución e empresas que colaboran e intercambian información sobre seguridade nos sistemas de información e comunicacións.
“Que Ourense sexa a capital galega de ciberseguridade implica que aquí se concentrarán os recursos á disposición da Xunta, dos concellos e deputacións, das universidades, dos centros tecnolóxicos e de innovación e do sector privado que presta estes servizos”, explicou, incidindo en que este novo edificio pon de manifesto que a Comunidade está a afronta a transformación dixital cunha visión estratéxica.

Contidos
  • Crear unhas tecnoloxías adaptadas ao territorio, á sociedade e á economía
  • Características

Crear unhas tecnoloxías adaptadas ao territorio, á sociedade e á economía

20240618_centrociberseguridadeourense2.jpg Sobre este punto, recordou que a Estratexia Galicia Dixital 2030 aposta por crear e desenvolver unhas tecnoloxías adaptadas “ás nosas necesidades, ao noso territorio, á nosa sociedade e á nosa economía”.
Con este obxectivo, o conselleiro de Facenda e Administración Pública fixo fincapé na importancia dunha distribución de responsabilidades, que aproveite as potencialidades de cada territorio. Así, hoxe, a Vigo identifícase coas telecomunicacións; á Coruña coa intelixencia artificial; a Lugo, coas tecnoloxías de naves non tripuladas; a Ourense coa ciberseguridade; e a AMTEGA, desde a Cidade da Cultura en Santiago, asume o papel da coordinación estratéxica.
Miguel Corgos concluíu recordando que a tecnoloxía é a oportunidade definitiva para igualar a calidade de vida e o benestar entre os ámbitos rurais e urbanos, achegando os servizos da Administración, mellorando a atención sanitaria, facilitando a educación ou modernizando a agricultura e a gandaría. “E, neste novo entorno caracterizado polos intercambios de información, a seguridade debe ser garantida”, dixo, subliñando que as Administracións públicas deben asumir a responsabilidade de garantir que a cidadanía se poida beneficiar destas novas ferramentas para o benestar dunha forma segura.
Na visita, tamén estiveron a alcaldesa de San Cibrao das Viñas, Marta Novoa, e o director de AMTEGA, Julián Cerviño Iglesia, entre outros.

Características

Pola súa parte, Martínez Allegue destacou que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través dunha encomenda, está a executar estas obras, que veñen de comezar este mes e suporán un investimento de 6 millóns de euros.
Detallou que a Xunta prevé finalizar no primeiro trimestre de 2026 a construción deste Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia.
Remarcou que a Axencia Galega de Infraestruturas está a poñer todos os coñecemos técnicos e a experiencia na execución desta actuación para acadar un edificio preparado, con espazos adaptados aos obxectivos e ás funcionalidades que se pretenden.
Subliñou que se levantará na parcela 3E de Tecnópole, que conta con algo máis de 3.000 m², o edificio do Centro de Ciberseguridade, con máis de 2.000 m² de superficie construída.
Apuntou que a construción destas instalacións se completará coa habilitación dunha área para o estacionamento con arredor de 40 prazas de aparcadoiro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?