Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A dixitalización permite acurtar prazos na implantación do rexistro civil electrónico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A dixitalización permite acurtar prazos na implantación do rexistro civil electrónico

Redacción
Publicado: 21/06/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20240620conferenciasectorialxustiza2.jpgO conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou onte en Zaragoza na Conferencia Sectorial de Xustiza, onde se abordaron entre outros temas os avances na implantación do rexistro civil electrónico. O impulso da Xunta á dixitalización permitiulle a Galicia acurtar os prazos previstos polo Goberno central, segundo informou Diego Calvo no encontro entre o Ministerio de Xustiza e as comunidades autónomas.
O conselleiro apuntou que na actualidade o 75% da poboación galega dispón xa de rexistro civil electrónico fronte ao 52% o conxunto nacional, ao estar implantado en 20 partidos xudiciais. Sete deles correspóndense coas principais cidades e en todos os casos se inclúen tanto os xulgados de primeira instancia como os de paz. Ao longo deste ano a dixitalización deste servizo chegará aos partidos xudiciais de Becerreá, Bande, Tui, O Porriño, Monforte de Lemos, Caldas de Reis, Redondela e Mondoñedo. Prevese que o proceso remate en xuño de 2025, reducindo en cinco meses o prazo establecido polo Ministerio.
A implantación da nova aplicación informática DICIREG permite tramitar os expedientes de forma electrónica, avanzando cara ao rexistro civil dixital en cumprimento da Lei 20/2011 de Rexistro Civil. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) está a prestar a formación necesaria, con apoio en liña e presencial, o que permite axilizar a posta en marcha deste complexo sistema.
Estes avances enmárcanse na aposta da Xunta pola dixitalización da Administración de Xustiza, que lle permitiu iniciar o ano con todos os obxectivos marcados para 2023 nesta materia cumpridos. Nesta liña insírese a dixitalización das máis de 200 salas de vistas da comunidade, que contan co equipamento necesario para a celebración de procedementos de forma electrónica. Disponse así de salas de audiencia totalmente virtuais, nas que se poden levar a cabo accións telemáticas con plena seguridade xurídica e mellorar o acceso a distancia da cidadanía aos servizos prestados pola Administración.
Outro dos fitos cumpridos é o da adxudicación do apoio aos proxectos tractores de dixitalización da Administración Xeral de Xustiza, que contou en Galicia cun orzamento de case 15 millóns de euros. Canto aos sistemas de información e canles dixitais, séguese a avanzar tamén na dixitalización e interoperabilidade das Oficinas de Atención ás Vítimas de Delito (OAVD) e do Instituto de Medicina Forense de Galicia (Imelga), así como no expediente xudicial electrónico entre outros proxectos.
Os avances na dixitalización da Administración de Xustiza en Galicia enmárcanse no III Plan Tecnolóxico da Administración da Xustiza en Galicia. Senda 2025, que busca a consolidación dixital da xustiza, para facela máis próxima á cidadanía con capacidade para ofrecer uns servizos máis personalizados e adaptados ás súas necesidades. O Plan conta cun investimento de 43 millóns de euros en cinco anos, o que supón un incremento do 68% respecto do investimento dos dous plans anteriores, Senda 2014 e Senda 2020, que mobilizaron 50 millóns de euros en dez anos para avanzar na dixitalización da xustiza galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?