Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta incide en Bruxelas na súa aposta polo uso da IA para casar oferta e demanda no mercado laboral
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta incide en Bruxelas na súa aposta polo uso da IA para casar oferta e demanda no mercado laboral

Redacción
Publicado: 24/06/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20240622_emprego_bruxelas.jpgO conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, reuniuse esta semana en Bruxelas coa xefa da Unidade para España e Malta da Dirección Xeral de Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión da Unión Europea, María Iglesia. Un encontro no que constataron que a aposta da Xunta pola flexibilización da formación para o emprego e polo uso da intelixencia artificial para casar oferta e demanda laboral coincide co que se está a potenciar no seo da Unión Europea.
Así, primeiramente, os representantes autonómicos comprobaron que a ferramenta EMi de intelixencia artificial aplicada nas 54 oficinas de emprego galegas está aliñada coas políticas que se están a preparar no marco da Rede Eures (European Employment Services). Na xuntanza, o conselleiro e o secretario xeral explicaron que xusto se vén de intensificar o perfilado competencial no marco desta ferramenta tecnolóxica co obxecto de beneficiar máis de 70.000 persoas desempregadas ata setembro de 2025 para extraer datos en tempo real e dar cobertura ás arredor de 15.000 vacantes existentes en Galicia.
Na mesma dirección de incrementar as posibilidades da cidadanía de atopar un traballo, todos coincidiron en que cómpre darlle un pulo ás microformacións dentro da formación para o emprego, por ser máis flexibles e fáciles de adaptar ás necesidades do mercado laboral. Unhas formacións de curta duración que xa se están a implementar en Galicia e que se van potenciar en Europa.
A maiores, no encontro avogaron por impulsar iniciativas innovadoras no rural co gallo de vertebrar o territorio e fixar poboación atraendo novos emprendedores e traballadores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?