Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As medianas e grandes empresas con actividade en Galicia superan a media estatal no uso da IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As medianas e grandes empresas con actividade en Galicia superan a media estatal no uso da IA

Redacción
Publicado: 24/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ia_galicia_espanha_graf.jpgOs datos sobre o emprego de tecnoloxías disruptivas recollidos no informe Galicia. A economía en dixital. A Sociedade da Información nas Empresas de Galicia, correspondente ao ano 2023, publicado hoxe polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), recollen que as medianas e grandes empresas con actividade na nosa comunidade superan a media estatal no uso da intelixencia artificial.
O 11,1% das empresas de 10 ou máis persoas empregadas utilizan IA, 1,5 puntos máis que o conxunto do Estado. As solucións de IA máis empregadas neste segmento empresarial son as de automatización de fluxos de traballo ou axuda na toma de decisións.
O informe sinala, tamén, que a compra de servizos de cloud computing nas grandes empresas con sede en Galicia sitúase por riba do 24%, sendo aínda máis frecuente nas empresas con actividade en Galicia, co 31%, e iguala practicamente á media estatal.

Contidos
  • Talento Dixital
  • Comercio electrónico
  • Presenza na Internet

Talento Dixital

A dixitalización empresarial reflíctese na contratación de perfís tecnolóxicos. Neste sentido, o informe sinala que unha de cada cinco empresas de 10 ou máis empregados con actividade en Galicia contratan especialistas TIC.
Os perfís tecnolóxicos máis demandados polas grandes empresas son os especialistas en datos e ciberseguridade. Os expertos en datos aparecen no 12,3 % das empresas de 10 ou máis traballadores con actividade en Galicia, e os especialistas en ciberseguridade no 10,4%.
O 54,6% das empresas galegas de 10 ou máis empregados/as con actividade en Galicia que contan con perfís TIC, empregan mulleres especialistas TIC.

Comercio electrónico

As cifras de vendas mediante comercio electrónico mantéñense en porcentaxes moi similares ás do ano anterior. O máis destacable é o aumento de máis dun 25,5% na porcentaxe con vendas das empresas de 10 ou máis traballadores con sede en Galicia, que pasa dun 20,8% a un 26,1%.

Presenza na Internet

O uso de páxina web mantense estable, tanto nas empresas galegas como nas estatais. Nas empresas con sede en Galicia de 10 ou máis empregados o 77,7% ten web propia e a media estatal é do 78,5%.
O uso de medios sociais sitúase nun 28 % nas empresas de 0 a 9 traballadores e 65,5% nas empresas de 10 ou máis empregados con actividade en Galicia.
Durante o ano 2023, o 27,6% das empresas de 10 ou máis empregados con actividade en Galicia pagaron por anunciarse na Internet.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?