Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Federación Galega de Comercio contribúe á dixitalización co apoio da Xunta
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Federación Galega de Comercio contribúe á dixitalización co apoio da Xunta

Redacción
Publicado: 25/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20240625_dxcc_en_federacion_galega_comercio.jpgO director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou recentemente en Lugo a sede da Federación Galega de Comercio onde estivo acompañado polo seu presidente, José María Seijas, e por traballadores da Federación cos que intercambiou impresións sobre as súas actividades e proxectos, así como sobre o convenio asinado entre a Xunta e esta entidade para avanzar na innovación, dixitalización e dinamización do comercio.
Alí Gabriel Alén manifestou a aposta do Goberno galego por asegurar o mantemento dos negocios como vertebradores do territorio, fundamentais para a xeración de riqueza e emprego e para a fixación de poboación na Galicia non urbana. Ademais fixo fincapé na importancia do convenio asinado entre Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Federación Galega de Comercio para avanzar nestes obxectivos.
Esta colaboración conta cun orzamento global de 690.000 euros e permitirá avanzar en comercios polo miúdo especializados, de calidade, fortalecidos e modernos, que promovan o consumo responsable cunha actividade sostible, co fin de garantir a súa competitividade e remuda xeracional.
Nesta liña, entre as cuestións abordadas por ambas partes sobre esta colaboración está a Oficina de orientación asesoramento e información ao comercio galego e de formación no asociacionismo, que se consolidará para prestar especial atención ao emprendemento, cualificación e mantemento da actividade.
Outra vía de colaboración no marco do convenio é asegurar o mantemento da Plataforma Dixital Centralizada E-tícket, dirixida a axilizar e mellorar a relación e o contacto coa clientela mediante a substitución do tícket tradicional en papel por un sistema dixital, moderno, fiable e máis sustentable. Tamén se afianzará a Plataforma de Ecommerce Online Comercio Galicia de venda polo miúdo, para avanzar na dixitalización dos negocios impulsando especialmente a venda a través da internet.
Neste encontro tamén se puxeron en valor as distintas campañas de promoción que se desenvolven e que tamén abarca o traballo conxunto do Goberno galego cos comerciantes. Entre elas Días Azuis, que se desenvolverá ata o 30 de xuño para incrementar as vendas no comercio polo miúdo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?