Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Formación Profesional mellora a súa oferta en ciberseguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Formación Profesional mellora a súa oferta en ciberseguridade

Redacción
Publicado: 26/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20240626_ciberseguridade_ou.jpgA Xunta reforza a especialización en ciberseguridade na Formación Profesional con 14 mestrados e 340 prazas para o curso 2024/2025. Esta oferta formativa supón un incremento de 8 cursos de especialización e 200 prazas, ademais de ampliar o alcance xeográfico desta formación, que agora se impartirá en centros das catro provincias. O cursos foron presentados esta mañá en Ourense polo director da AMTEGA, Julián Cerviño, e a directora xeral de Formación Profesional da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Eugenia Pérez.
A ampliación desta formación busca dar resposta a elevada demanda destes perfís por parte do sector tecnolóxico. Son dous os cursos de especialización ofertados: Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información e Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación, que se impartirán en modalidade presencial e online en centros da Coruña, Ferrol, Vigo, Ourense, Marín, A Estrada, Vilagarcía, Lugo e Monforte.
Este reforzo da especialización en ciberseguridade na FP é unha das liñas de actuación do Proxecto Galego de Programas Superiores de Formación en Ciberseguridade, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Educacion, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e conta cun investimento total de 2,5 millóns de euros que permitirá dotar aos centros cos equipamentos de última tecnoloxía neste ámbito.
A iniciativa abrangue, tamén, a creación dun espazo de alta especialización en ciberseguridade no Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros para conseguir a máis alta formación e especialización do profesorado e a xeración de proxectos de I+D+i que sexan de transferencia directa ás empresas e institucións.
O Proxecto Galego de Programas Superiores de Formación en Ciberseguridade enmárcase nas actuacións do programa RETECH (Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica) e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea con fondos Next Generation.
O director da Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, sinalou que que os especialistas en ciberseguridade “son un dos perfís máis demandados polo sector tecnolóxico” e que “todas as organizacións”, dende as administracións públicas ás empresas de tódolos tamaños, “precisan cada vez máis profesionais que velen pola seguridade da súa información.”
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, salientou que desde o seu departamento se está traballando para “responder a todos os ámbitos onde xorden necesidades” como é o caso do da ciberseguridade, cunha oferta reforzada para “dar resposta á demanda de profesionais que garantan a seguridade das persoas e dos procesos produtivos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?