Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Preto de 2.400 persoas beneficiáronse das iniciativas formativas do Clúster TIC Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Preto de 2.400 persoas beneficiáronse das iniciativas formativas do Clúster TIC Galicia

Redacción
Publicado: 27/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20240627_dx_formacion_connect_and_talent_day.jpgA directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou hoxe na Coruña na inauguración do Connect & Talent Day organizado polo Clúster TIC Galicia. Alí, destacou a última colaboración coa entidade por 1 millón de euros, para a realización dun cento de cursos nos que participaron arredor de 2.400 persoas.
A directora xeral enmarcou este convenio nos asinados cos principais clústeres galegos e entidades representativas de doce sectores estratéxicos para continuar a impulsar unha formación flexible e axustada á demanda do tecido produtivo, adaptándoa ás transformacións de cada un deles. O obxectivo é promover unha oferta que dea resposta ás necesidades de competencias nun mercado laboral en continuo cambio, especialmente en casos como o das TIC.
Para persoas traballadores ou desempregadas interesadas neste eido económico, o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) conta ademais cunha programación formativa moi ampla. Así, entre setembro de 2023 e decembro de 2024 a súa planificación inclúe a impartición dun total de 115 cursos cunha oferta de 2.308 prazas e 5.877 horas de formación. Tamén 102 seminarios técnicos.

Aposta pola formación

20240627_dx_formacion_connect_talent_day.jpgOs orzamentos da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para 2024 destinan un total de 117 millóns ao Plan galego de formación para o emprego, que crece case un 13% respecto de 2023.
Dentro desa aposta, véñense de aprobar no Consello da Xunta axudas para entidades de formación co obxecto de impartir cursos para unhas 18.000 persoas sen traballo cun orzamento de 76 millóns de euros, o máis alto dos últimos 15 anos. Dáse prioridade ás especialidades máis demandadas polo tecido produtivo, valorándoas tanto a nivel galego como por bisbarras concretas.
Ademais, este martes publicábase a segunda convocatoria do programa Bono Talento Empresa, dotada con 2 millóns de euros, coa que se financian formacións non regradas de curta duración, axustadas ás necesidades de cada empresa, tendo en conta a esixencia dunha formación profesional permanente e especializada e dunha recualificación constante das persoas traballadoras. As solicitudes de axuda poden presentarse ata o vindeiro 16 de setembro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?