Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Rueda destaca que Galicia vai ser a primeira rexión de Europa en contar cunha lei de seu sobre o uso da IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Rueda destaca que Galicia vai ser a primeira rexión de Europa en contar cunha lei de seu sobre o uso da IA

Redacción
Publicado: 27/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

240626_pte_facenda_ia_dcs-1.jpgNo acto inaugural da xornada sobre O impacto do Regulamento Europeo de IA nas organizacións, organizada pola Xunta de Galicia en colaboración con Gartner, que contou coa participación de representantes de doce comunidades autónomas de España e da recentemente nomeada directora da Oficina de IA da Comisión Europea, Lucilla Sioli, o presidente Rueda subliñou que Galicia vai ser a primeira rexión en toda Europa en contar cunha lei de seu sobre o uso da intelixencia artificial.
Durante a súa intervención, o presidente salientou a importancia que a IA ten en tantos ámbitos do día a día, asegurando que se trata dunha cuestión xa de presente, e da que hai que aproveitar todo o seu potencial. Así mesmo, manifestou a súa alegría por encontros como este: “É bo que teñamos un espazo común onde falar entre todos de como o estamos facendo, intercambiar boas experiencias e avanzar no fundamental máis ou menos á mesma velocidade”, declarou.
240626_pte_facenda_ia_dcs-2.jpg Ao mesmo tempo, o presidente remarcou a necesidade de regular esta tecnoloxía, co obxectivo de garantir un uso seguro e ético, e buscando sempre avanzar: “Un fenómeno con tantísimo potencial debe ser regulado para que funcione adecuadamente”.
Neste sentido, destacou que Galicia vai á vangarda española e europea nesta tecnoloxía grazas á iniciativa das empresas e a políticas como a Estratexia Galega de IA, dotada con 300 millóns de euros. E, ademais, Galicia converterase na primeira rexión europea en afrontar a regulación do desenvolvemento e impulso desta tecnoloxía na Administración tras a aprobación do proxecto de lei por parte do Consello de Goberno. Unha lei que, para o presidente, vai ser clave para mellorar a calidade de vida e benestar das persoas: “Igual que todos os grandes avances da Humanidade, ten moitas máis vantaxes que inconvenientes. Facelo ben desde o principio vai ser fundamental para o camiño que queda por percorrer, que é moi longo”, rematou o presidente.

Principios comúns entre comunidades

Ao rematar a xornada, representantes de doce gobernos autonómicos mantiveron un encontro, co obxectivo de establecer uns principios comúns para a xestión ética e responsable da intelixencia artificial que poidan ser asumidos por todas as Comunidades Autónomas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?