Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A CRTVG rexistra un superávit de 2,1 millóns de euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A CRTVG rexistra un superávit de 2,1 millóns de euros

Redacción
Publicado: 28/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ac1a568f-f21b-f60b-252a-07624190.jpgPor décimo quinto ano consecutivo, a CRTVG rematou o exercicio pasado coas contas en superávit. A Corporación pechou 2023 cun resultado orzamentario positivo por un importe de 2,1 millóns de euros, como reflicten as contas anuais presentadas este venres no Parlamento de Galicia polo director xeral da Corporación, Alfonso Sánchez Izquierdo.
Sánchez Izquierdo lembrou que a actual dirección recibiu en 2009 unha Corporación cunha débeda de 51 millóns de euros, e que a través da nova xestión e control de gastos, e con orzamentos menores que en anos precedentes, en 2013 conseguiuse eliminar a débeda bancaria e, en 2023, pechar o ano co saneamento do 88% da débeda herdada.
De cara ao futuro e coa solidez financeira que sinalan as contas anuais, o director xeral salientou que a CRTVG mantén unha perspectiva estratéxica e que incorporará á xestión operativa “unha visión de permanente estado de cambio que precisa dun esforzo adicional para abordar os desafíos da transformación dixital asociada a unha crecente competitividade, mantendo as capacidades das marcas tradicionais TVG e Radio Galega, e simultaneamente atendendo as necesidades crecentes dos medios dixitais, baixo o obxectivo de manter unha coherencia nos custos”.

Audiencias

Respecto dos datos de audiencias, Sánchez Izquierdo fixo tamén balance desta primeira metade do ano e da temporada 23/24 (de setembro a xuño). Explicou o director xeral que nestes primeiros meses de ano a TVG acadou unha cota de pantalla do 8,6%, superando a media da FORTA en máis de medio punto.
Preguntado polas oscilacións de audiencias dos últimos meses reflectidas por Kantar Media, o director xeral explicou que o medidor asumiu unha penalización pola mingua do panel que representa a CRTVG nestes primeiros meses de 2024. Esta penalización só tivo que ser activada dúas veces nos últimos 15 anos, en 2019 e neste 2024 tras a análise das anomalías nos resultados das medicións.
Destacou así mesmo os datos da plataforma de AGalega.gal, a OTT da CRTVG, lanzada en xaneiro de 2024, acadou máis de 795.000 usuarios únicos e máis de 80.000 descargas entre dispositivos IOS e Android.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?