Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Deteñen a dúas persoas por un cento de ciberataques
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Deteñen a dúas persoas por un cento de ciberataques

Redacción
Publicado: 28/06/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

2024-06-28_op_oceansx_uco_02.jpgA Garda Civil, na denominada operación Oceansx, detivo a dúas persoas como responsables da obtención de accesos non autorizados a redes informáticas e credenciais de accesos corporativos, tanto públicos como privados, ofrecendo a venda dos mesmos, e de bases de datos e conxuntos de datos comprometidos en mercados do cibercrime.
A investigación iniciouse tras relacionar unha serie de ciberataques coa información obtida das análises realizadas en determinados materiais intervidos en investigacións anteriores, localizando unha canle de Telegram onde se amosaban accesos fraudulentos a varias administracións públicas de relevancia.

Contidos
  • Especializados en ataques contra o sector público en España
  • Detidos en Sevilla e Asturias

Especializados en ataques contra o sector público en España

Analizado o contido desa canle mediante técnicas de investigación tecnolóxica avanzadas e procuras en fontes abertas, os axentes atribuiron eses ataques a un actor nacional do ámbito da ciberdelincuencia, que actuaba baixo o pseudónimo GUARDIACIVILX, utilizando ademais outras 14 identidades como 9bands, banz9, TheLich, Crystal_MSF, OUJA, unlawz ou teamfs0ciety.
A partir dese momento, a investigación centrouse en obter a identidade das persoas que estaban actuando baixo ese pseudónimo, así como o número e puntos de ataques realizados.
O actor nacional GUARDIACIVILX publicitábase como un vendedor de credenciais de acceso a servizos remotos e correos electrónicos corporativos, ofrecendo a venda privada de credenciais de acceso sobre un portal de consultas de vehículos da Dirección Xeral de Tráfico (DGT) e ITVASA. Para iso, solicitou inicialmente un pago de 13.000 dólares, sendo detido no momento de proceder á citada venda. Ademais, comprobouse como tratou de vender unha base de datos con información de máis de 200.000 persoas.
Paralelamente puidéronse analizar diferentes contas de criptomoedas vinculadas a este actor nacional, corroborando que gran parte delas dirixíanse ou proviñan de distintos intercambiadores de criptomoedas, desde onde se materializarían os pagos da venda de varios paquetes con estas credenciais de acceso obtidas ilegalmente.
Comprobados e identificados así varios indicadores atribuídos ao suposto autor, a Garda Civil colaborou con outras axencias policiais como o FBI, deixando xa patente o alcance transnacional das accións levadas a cabo por GUARDIACIVILX, moitas delas sobre institucións do continente americano, especialmente de países de fala hispana.

Detidos en Sevilla e Asturias

2024-06-28_op_oceansx_uco_03.jpgEsta investigación permitiu deter a dous individuos o pasado outono, un en Sevilla e o outro en Asturias, ambos como responsables directos dos feitos investigados.
Do material intervido nestas detencións, tanto informático como documental, os investigadores lograron as evidencias necesarias para vincular outros ciberataques a entidades tanto públicas como privadas, como é o caso de ITVASA, os concellos de León, Salamanca, Vitoria, Bermeo e Basauri entre outros, así como á Universidade Autónoma de Madrid, as deputacións de Xaén e Málaga, o Servizo Cántabro de Saúde, o Banco Atlántida, o Ministerio de Cultura de Arxentina, oMinisterio de Saúde de Perú, o Poder Xudicial do Estado de Tlaxcala en México, entre moitas outras, destacando tamén o seu interese polo roubo de información de redes de farmacias.
Tras os resultados obtidos das análises dos dispositivos, puidéronse coñecer o alto grao de sofisticación alcanzado para perpetrar os mesmos, evidenciándose que ambos detidos executaban as accións delituosas de maneira coordinada. O feito de despregar esta actividade de forma conxunta levaba que os ciberataques fosen de unha gravidade e complexidade crecente, chegando a verse afectados máis de 100 organismos e entidades do sector público e privado tanto a nivel nacional como internacional.
Esta operación foi dirixida polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 2 de Grado (Asturias) e levada a cabo polo Departamento Contra o Cibercrime da Unidade Central Operativa da Garda Civil.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?