Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A estratexia Galicia Dixital 2030 mobilizou preto de 900 millóns de euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A estratexia Galicia Dixital 2030 mobilizou preto de 900 millóns de euros

Redacción
Publicado: 01/07/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

estratexia_dixital_poboacion.jpgO proceso de modernización tecnolóxica de Galicia sumou algo máis de 886,8 millóns de euros en investimentos públicos e privados desde a posta en marcha en 2021 da Estratexia Galicia Dixital 2030 (EGD2030) ata finais de 2023. Así o indican os datos que ven de presentar a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. A presentación desta memoria coincidiu coa celebración do Pleno anual do Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia (OSIMGA).
Os datos indican que o investimento de capital privado sumou 229 millóns de euros nos tres anos. Os investimentos públicos procederon dos fondos propios da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, dos fondos doutros departamentos da Administración e de fondos europeos. Nos vindeiros anos, estas cantidades aumentarán pola execución do programa Next Generation EU a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) e do instrumento REACT-EU.

Contidos
  • Administración e Goberno Dixital
  • Saúde e benestar social
  • Economía dixital e sustentable

Administración e Goberno Dixital

A memoria destaca os 183,5 millóns de euros investidos entre 2021 e 2023 na configuración dun Goberno e Administración intelixente. Entre as actuacións neste eido atópanse o III Plan de Administración e Goberno Dixital 2025, o Programa para o Emprego Público Dixital, o Programa de Dixitalización da Xustiza ou o Programa de Mellora das Capacidades e Infraestruturas Dixitais das Administracións Públicas.
Estas actuacións permiten avanzar nuns servizos da Administración máis eficaces, máis personalizados e máis accesibles a través do uso de tecnoloxías avanzadas. Neste sentido, a Xunta puxo a disposición da cidadanía unha aplicación para móbiles que concentra os servizos da Administración (XuntaEu); engadiu novas funcións e trámites á sede electrónica; puxo en marcha unha Plataforma de Automatización de Procesos para axilizar as tramitacións e proporcionar una resposta personalizada; ou renovou a Oficina Virtual Tributaria, entre outras accións.

Saúde e benestar social

A consolidación dun entorno dixital para a saúde e o benestar social sumou 130,2 millóns de euros en investimentos no período 2021-2023. O obxectivo da Xunta neste eido é o de consolidar un modelo socio-sanitario personalizado, preditivo e preciso. Ademais de mellorar servizos como o da Plataforma Telea, que permite un seguimento estreito de doenzas crónicas sen desprazamentos innecesarios, ou a aplicación Sergas Móbil; avanzouse no uso das potencialidades da Historia Clínica Electrónica e da Historia Social Única Electrónica. Neste período impulsouse o modelo de atención residencial a persoas maiores ou con discapacidade, así como o servizo de teleasistencia no fogar.

Economía dixital e sustentable

O balance destaca tamén os investimentos para a configuración dunha economía dixital e sostible, que suman 335,7 millóns de euros. As actuacións nesta área inclúen o Programa de Transformación Dixital do Servizo Público de Emprego; o Programa de Transición Dixital para a Industria e a Empresa; ou o Programa Dixital de Mellora da Competitividade do Sector de Produtores Locais.
No resto dos eixos da EGD2030, os investimentos para acadar unha Sociedade dixital e inclusiva sumaron 63,8 millóns de euros; Territorio intelixente, verde e resiliente, 25,1 millóns de euros; conectividade dixital do territorio, 39,5 millóns de euros e Cultura e turismo intelixente, 8,8 millóns de euros. Os investimentos no eixo transversal de Especialización tecnolóxica sumaron 99,7 millóns de euros.
Por último, o informe sinala que o sector tecnolóxico de Galicia xerou en 2021 un Valor Engadido Bruto de 1.753 millóns de euros, o que representa o 2,7% do Produto Interior Bruto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?