Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A finais do verán estará dispoñible a aplicación de verificación de idade dos cidadáns españois
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A finais do verán estará dispoñible a aplicación de verificación de idade dos cidadáns españois

Redacción
Publicado: 01/07/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

010724-cartera-digital-beta.jpgO ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, José Luis Escrivá, presentou Carteira Dixital Beta, wallet que inclúe o sistema de verificación da maioría de idade no acceso a contidos para adultos, tras culminar a fase de deseño da ferramenta coa publicación das especificacións técnicas.
Escrivá explicou que a posta a disposición das especificacións técnicas de Carteira Dixital Beta non só pecha a fase de deseño, senón que permitirá a todos os operadores implicados en impedir aos menores de idade o acceso a contidos para adultos realizar os traballos preparatorios necesarios para que os seus usuarios poidan utilizar este sistema en canto estea dispoñible. Neste sentido, o ministro sinalou que a fase actual de desenvolvemento “durará algo máis de dous meses, de forma que estea dispoñible para todos os cidadáns ao final do verán”.
O ministro subliñou que a posta en marcha do sistema de acreditacións de maioría de idade forma parte do “máis que necesario” gran acordo de país que o Goberno está impulsando para salvagardar a saúde, o benestar e a seguridade dos nenos, nenas e adolescentes. Xa no Anteproxecto de Lei Orgánica para a protección das persoas menores de idade nos contornos dixitais incluíuse a obrigación dos provedores de servizos do uso dunha ferramenta de verificación de maioría de idade para evitar o acceso de menores a contidos para adultos. Respecto dos actores non obrigados, Escrivá sinalou que “espera a súa máxima colaboración xa que é un problema que nos interpela a todos”.
No ámbito europeo tamén existe un gran consenso sobre a necesidade de protexer aos menores no ámbito dixital. Ademais, Carteira Dixital Beta enmárcase no estándar eIDAS2, que establece a obrigatoriedade por parte das plataformas de contidos de aceptar o uso de carteiras europeas de identidade dixital como moi tarde en outubro de 2027.

Contidos
  • Datos preocupantes de acceso a contidos desapropiados
  • Credencial de maioría de idade

Datos preocupantes de acceso a contidos desapropiados

Escrivá sinalou que “os datos que vemos sobre o acceso de menores a contidos para adultos e as súas posibles consecuencias son os que nos levaron a desenvolver esta ferramenta coa máxima celeridade”. Neste sentido, eloxiou o “fantástico traballo” que está realizando o grupo de traballo interministerial posto en marcha en marzo para desenvolver a ferramenta e que “vai poñer a disposición dos usuarios unha solución en tempo récord”. A presidenta do grupo de traballo, Carmen Cabanillas, directora xeral de Gobernanza Pública, acompañou ao ministro na presentación.
O ministro subliñou algúns datos “preocupantes” sobre o acceso a pornografía por parte de menores de idade, como o feito de que 7 de cada 10 adolescentes consuman pornografía de forma regular en España ou que o primeiro acceso sexa entre os 9 e os 11 anos. Segundo os datos do Ministerio do Interior e do Ministerio de Mocidade e Infancia, o acceso realízase fundamentalmente a través do teléfono móbil, ben por mensaxería instantánea, páxinas web ou redes sociais.
“As consecuencias deste acceso a contidos para adultos son moi graves e impícannos a todos”, destacou Escrivá, que sinalou que a gran maioría dos mozos entre os 18 e 26 anos consideran que estes contidos son fieis á sexualidade real e para moitos é a súa única fonte de información afectivo-sexual, o que provoca que actúen por imitación e, nalgúns casos, por dominación do home sobre a muller. “Todo iso, segundo os estudos que se analizaron no grupo de traballo, provoca distorsións da percepción da sexualidade, problemas emocionais e sexuais e risco de adicción”, segundo o ministro, que tamén destacou o incremento do 116% das agresións sexuais realizadas por menores nos últimos cinco anos. “Este sistema de verificación da maioría de idade que presentamos hoxe é unha das medidas máis necesarias e eficaces para loitar contra esta problemática”, segundo destacou Escrivá.

Credencial de maioría de idade

cartera_digital_beta_app.jpgA Carteira Dixital Beta será unha aplicación móbil que almacenará de forma segura a credencial de maioría de idade emitida polo Goberno de España, que será presentada ante a plataforma de contidos para adultos cando se inicie a sesión. O sistema incorpora unha dobre autenticación para evitar que os menores accedan a través dos dispositivos de adultos. A aplicación incluirá outras funcionalidades desde a súa posta en marcha e irá incorporando novas utilidades no marco do eIDAS2.
Ademais, deseñouse unha arquitectura de gobernanza baseada en listaxes brancas de confianza que permite que os actores do sistema se identifiquen como tales. A listaxe branca de plataformas para adultos xestionada pola Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, a listaxe branca de aplicacións de verificación xestionada pola Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial e unha última de emisores de credenciais xestionada pola Secretaría Xeral de Administración Dixital.
O Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), pola súa banda, xestionará, coa colaboración doutros actores, unha listaxe de páxinas con contido para adultos non sometidas á xurisdición española co obxectivo de que os navegadores poidan verificar a maioría de idade antes de presentar os seus contidos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?