Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta presenta a aceleradora de proxectos Xerme Ecommerce
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta presenta a aceleradora de proxectos Xerme Ecommerce

Redacción
Publicado: 10/07/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20240710_presentacion_xerme_ecommerce_2.jpgO conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou hoxe en Meaño no acto de presentación da aceleradora de proxectos Xerme Ecommerce, en virtude da colaboración co Clúster do Ecommerce Galego. Segundo destacou, trátase do primeiro programa de formación para o emprendemento no ecommerce desenvolvido ao abeiro da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, no que se botará man de profesionais en activo do mundo do comercio electrónico para que un total de 23 iniciativas -a maioría vencelladas á Rede- aprendan a lanzar, xestionar e rendibilizar os seus negocios en liña.
En palabras do conselleiro, que estivo acompañado polo secretario xeral de Emprego, Pablo Fernández, as novas tecnoloxías marcan novos retos cada día, especialmente para as pequenas e medianas empresas que representan a meirande parte da economía galega, pero tamén inmensas posibilidades de crecemento. Nese contexto, enmárcase esta iniciativa dirixida tanto a novos proxectos no eido do comercio electrónico como a negocios existentes que aposten por acceder ás oportunidades de expansión que ofrece a comercialización dixital.
Apostando pola innovación sen renunciar á identidade, segundo apuntou José González, a través de Xerme Ecommerce avógase pola formación e pola mentorización, con obradoiros, titorización personalizada e sesións docentes para que os emprendedores busquen oportunidades en todos os mercados, apoiados en expertos profesionais na materia.

Contidos
  • O Clúster
  • Rexión Emprendedora Europea

O Clúster

20240710_presentacion_xerme_ecommerce_1.jpgNese senso, o titular de Emprego recoñeceu o labor do Clúster do Ecommerce Galego, pola súa aposta polo desenvolvemento do talento e da competitividade das empresas galegas mediante o apoio, incentivo e promoción do comercio electrónico. Tivo unha mención tanto para as empresas fundadoras como para as adheridas, entre as que se atopa a adega Paco&Loca que acolleu o acto de hoxe.
Tal e como resaltou, a través do Clúster promóvese que convivan empresas nativas dixitais con empresas físicas que teñen unha importante actividade online, facilitando a aprendizaxe mutua.
Engadiu que Iniciativas como a que hoxe bota a andar din moito do bo facer da entidade e, tamén, sobre o afán das galegas e galegos emprendedores por buscar novas opcións de negocio que redunden no beneficio de Galicia.

Rexión Emprendedora Europea

O conselleiro concluíu que colaboracións como esta axúdannos a confirmarnos como Rexión Emprendedora Europea 2025, recoñecemento que vimos de recibir e que valora a estratexia da Xunta a prol de crear actividade económica que xere riqueza e emprego e axude a fixar poboación.
Unha estratexia que tamén se desenvolve con convenios como o aprobado esta mesma semana en Consello, co Clúster da Comunicación de Galicia, para poñer en marcha -por primeira vez tamén- un programa de asesoramento de balde a proxectos emprendedores en materia de márketing e comunicación, para impulsar negocios competitivos neste mesmo marco da Rede de polos.
Unha soa estratexia pero múltiples accións que se seguirán impulsando desde o Goberno galego ao tempo que se poñen a disposición de quen os precise os Polos de emprendemento: 14 xa activos, tras a apertura do de Sarria, que teñen atendido máis de 2.100 proxectos en apenas dous anos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?