Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O ITG amosa no Porto Exterior da Coruña o funcionamento dunha estación de drons autónomos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O ITG amosa no Porto Exterior da Coruña o funcionamento dunha estación de drons autónomos

Redacción
Publicado: 11/07/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

itg-p-exterior-0005.jpgO Centro Tecnolóxico ITG coordinou esta mañá no Porto Exterior da Coruña, ante medio cento de empresas e entidades públicas, unha demostración de casos de uso de drons autónomos nun contorno portuario. Nesta xornada, que contou coa colaboración de Salvamento Marítimo da Cruz Vermella e empresas operadoras de drons como Aeromedia, Aerocámaras e Nordés Tech, púxose en práctica a tecnoloxía desenvolvida por ITG para as operacións autónomas de drons e a súa integración segura no espazo aéreo, a través das súas plataformas DroneSuite e Daliah.
A tecnoloxía de ITG permitirá o tráfico automatizado de vehículos aéreos non tripulados (UAV) no ano 2026. Nesa data, A Coruña será unha das cidades pioneiras en España en despregar zonas U-Space que cumpran todos os requisitos normativos e a tecnoloxía necesaria para que un gran número de operadores de drons despreguen as súas operacións de forma simultánea, coordinada e automatizada.
Para Analía López Fidalgo, directora de Sensórica e Sistemas Aéreos non Tripulados de ITG, «grazas ao traballo que estamos a realizar en colaboración coa Autoridade Portuaria da Coruña e de Ferrol, estimamos que nos vindeiros cinco anos se podería superar a barreira dos 20.000 voos anuais en ambas instalacións portuarias. Identificamos ata 20 operacións de voo con drons que serán habituais neste tipo de infraestruturas, analizando os riscos de cada unha delas e definindo os requisitos operativos e de seguridade con todas as partes implicadas. Un traballo complexo pero necesario para pasar á seguinte fase, que consiste en certificar tecnoloxía que dará servizo aos operadores que queiran voar de forma coordinada no mesmo espazo aéreo de forma autorizada, integrada e segura».
O presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado, valorou moi positivamente todo o labor de innovación que está a desenvolver ITG neste campo, sinalando que «a utilización de drons para o servizo de vixilancia e para a supervisión das infraestruturas e as operacións portuarias será moi útil nos portos nos próximos anos, e esta colaboración co Centro Tecnolóxico vaise permitir incorporalos a curto prazo no noso traballo diario con total garantía de seguridade e eficiencia».

Demostración de uso de drons en portos: rescate dunha persoa no mar

itg-p-exterior-0001_1.jpgAo longo da mañá, realizáronse demostracións prácticas de seis casos de uso con drons autónomos que forman parte da lista de vinte xa identificados e analizados durante os traballos previos nos últimos meses. Desta forma, despegou un dron autónomo simulando unha operación de vixilancia rutineira na que se detecta unha persoa caída ao mar e actívanse diversas operacións con drons asociadas ao seu rescate. A localización coa tecnoloxía DroneFinder permite enviar as coordenadas exactas para que outro dron lance un flotador á persoa caída á auga e que un dron marítimo se desprace ata ese punto e achegue á vítima ata o dique. Tamén se levaron a cabo demostracións de inspección de guindastres, parámetros e dique de abrigo; de loxística portuaria, detección de drons non colaborativos e como funciona a tecnoloxía ITG que permite obter as autorizacións para un voo simultáneo integrado e seguro dos drons que realizan estes servizos.
A xornada, que contou con representantes das entidades públicas INECO, ENAIRE, SENASA, o servizo de Gardacostas ou a Unidade Militar de Emerxencias, e empresas como Telefónica e MGS, entre outros, contou coa colaboración da Autoridade Portuaria da Coruña e Hércules Servizos Auxiliares, Portuarios e Loxísticos, empresa concesionaria do porto exterior na cuxo nave se desenvolveron as explicacións previas ás demostracións.
itg-p-exterior-0001.jpg O Centro Tecnolóxico ITG alcanzou recentemente un acordo coa Autoridade Portuaria da Coruña para despregar no Porto Exterior a primeira estación de drons autónomos, un hangar robotizado denominado DroneSafeBox que permitirá xestionar operacións como o control de mercadorías, o uso dos espazos, as operacións de carga e descarga ou a vixilancia, e mesmo o transporte de obxectos. Este niño para drons é a primeira estación destas características que se habilita en España nun contorno portuario de forma permanente e permitirá integrar a tecnoloxía nos procesos do porto de cara á súa futura explotación comercial. As operacións da estación pioneira de Lagosteira planificaranse e programaranse desde GalaxyLab, o centro de control de ITG situado nun edificio independente na Cidade das TIC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?