Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: José López e Valentín García animan a colaborar na campaña de doazón de voces do Proxecto Nós
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

José López e Valentín García animan a colaborar na campaña de doazón de voces do Proxecto Nós

Redacción
Publicado: 23/07/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

gtllpdjxwaal7p0.jpgO conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, lanzou esta mañá un chamamento a participarmos na campaña de doazón de voz posta en marcha no marco do Proxecto Nós, a iniciativa da Secretaría Xeral de Lingua e a Universidade de Santiago para impulsar a incorporación do galego no ámbito das tecnoloxías avanzadas e intelixentes. Fíxoo en Xinzo de Limia, na Casa da Cultura, onde lembrou “a importancia da colaboración da cidadanía para seguir avanzando na xeración de recursos, co obxectivo de poder interactuar na nosa lingua nas plataformas tecnolóxicas”.
As colaboracións, que comezaron os días pasados no Concello de Porto do Son, cunha xeira de traballo na que participaron o alcalde Luis Oujo, ou o patrón maior da Confraría de Portosín, Isaac Gaciño, poden facerse vía web, que emprega a plataforma doutro gran proxecto colaborativo como é Common Voice da Fundación Mozilla.
En Xinzo o conselleiro destacou que “son esenciais campañas como esta, coa que pretendemos recoller a maior cantidade de horas gravadas en galego para garantir que as ferramentas do proxecto funcionen ben”. Así, segundo explicou, “trátase de recompilar a fala de distintos lugares, contando coa variedade fonética e dialectal de Galicia, así como de persoas de distinto xénero e idade”.
Engadiu que a campaña Agasállanos coa túa voz é a segunda que desenvolve a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, despois das experiencias levadas a cabo en Porto do Son e Melide o ano pasado. Desta vez, chegarase a 16 concellos de diferentes comarcas de Galicia de maneira que as persoas que o desexen poidan acudir ás aulas CEMIT (habilitadas pola Xunta con computadores e Internet para uso da cidadanía) presencialmente para facilitar a súa mostra vocal.
López Campos participou na Casa da Cultura de Xinzo, xunto co secretario xeral de Lingua, Valentín García, nunha demostración do funcionamento da plataforma ante os presentes, lembrando que “calquera persoa pode gravar a súa voz tamén telematicamente a través do portal Doa a túa voz”. Segundo dixeron, no portal do Proxecto Nós xa se pode experimentar de maneira libre con tres aplicacións baseadas en redes neuronais artificiais desenvolvidas en fase de demostración: unha ferramenta que permite a conversión de texto a voz, o primeiro tradutor neuronal feito en Galicia e un sistema de recoñecemento da fala. É para este último recurso, que permitirá que calquera máquina recoñeza a voz dunha persoa cando se dirixa oralmente a ela en galego, polo que se pon en marcha esta campaña presentada en Xinzo, recordaron, engadindo que a plataforma Common Voice, a través da que se desenvolve a iniciativa da recollida de voces, conta con 700.000 frases en galego (agárdase que se supere o millón nos vindeiros meses) que precisan ser lidas, co obxectivo de acadar as 1.000 horas de gravación.
Ademais, nas vindeiras semanas, tal como se vén de anunciar no Consello da Xunta, poranse en marcha dous proxectos piloto. Un ten que ver con melloras no tradutor Gaio e outro coa integración dunha voz feminina que posibilite a escoita en galego de todo o contido da web institucional.
Estes son algúns dos últimos avances do proxecto que no pasado mes de xuño presentou Carballo, o primeiro modelo lingüístico de Intelixencia Artificial para o galego, en palabras do conselleiro “un paso histórico que permitirá o desenvolvemento de sistemas intelixentes creados especificamente nesta lingua”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?