Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia usará IA para a detección temperá do cancro de mama
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia usará IA para a detección temperá do cancro de mama

Redacción
Publicado: 29/07/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

240729_presidente_rpconsello_mac-04.jpgO presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou hoxe que o Servizo Galego de Saúde vai poñer en marcha este mes de xullo “un proxecto piloto para mellorar o diagnóstico do cancro de mama a través da intelixencia artificial”. O obxectivo é “mellorar a detección de lesións malignas en fases temperás” e poder examinar un maior número de probas “en menor tempo”. A previsión “é reducir ata un terzo” as lesións que poden pasar desapercibidas nunha lectura convencional das mamografías. Para iso, os radiólogos contarán cun software de intelixencia artificial que lles permitirá facer unha lectura máis precisa das probas analizadas.
Nesta liña cómpre resaltar que estudos recentes demostran melloras en sensibilidade e especificidade dos radiólogos ao usar sistemas de intelixencia artificial sen incrementar o tempo de lectura. En consecuencia, unha maior detección precoz mellorará o prognóstico e reducirá a mortalidade, ademais de redundar nun menor gasto sanitario.
O proxecto piloto, que conta cun orzamento da Xunta de 35.000 euros e cunha duración de catro meses, levarase a cabo en todas as unidades de Análise Radiolóxica, comezando pola Unidade Radiolóxica 3 da Coruña, por ser “a que máis radiografías de mama realiza”, segundo explicou o presidente.
No marco desta iniciativa realizaranse un mínimo de 35.000 estudos de mamografía empregando un software baseado en intelixencia artificial para apoiar aos radiólogos na lectura das mamografías 3D.
Deste xeito, neses catro meses que durará o proxecto piloto, un certo número de estudos radiolóxicos de usuarias do Programa galego de detección precoz de cancro de mama serán avaliados con intelixencia artificial, conxuntamente coa dobre lectura radiolóxica independente. Os resultados serán contrastados cos obtidos para un período similar dalgún ano previo recente no que só se fixo a dobre lectura. “No caso de ser satisfactoria”, indicou Rueda, o obxectivo da Xunta é estender o “uso desta ferramenta” nas unidades de radioloxía de todo o Sergas.
Con esta medida, a Xunta quere conseguir varios obxectivos de mellora no Programa galego de detección precoz do cancro de mama. En primeiro lugar, téntase incrementar a precisión na detección de lesións malignas nas mamografías e apoiar aos radiólogos mediante a automatización da análise das mamografías, permitindo un diagnóstico máis rápido e preciso, e reducindo a carga de traballo destes profesionais. Ademais, incrementarase a garantía de equidade no diagnóstico en calquera punto da xeografía galega.
Este proxecto reforza o compromiso da Consellería de Sanidade coa innovación e a mellora continúa dos servizos sanitarios e supón un paso crucial cara á incorporación de tecnoloxías avanzadas no ámbito da saúde en Galicia. A súa realización resulta imprescindible antes de decidir a incorporación definitiva da intelixencia artificial ao diagnóstico radiolóxico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?