Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O centro atlanTTic e o INCIBE reforzarán a seguridade na aprendizaxe federada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O centro atlanTTic e o INCIBE reforzarán a seguridade na aprendizaxe federada

S. P.
Publicado: 07/08/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

truffles_atlanttic.jpgOs grupos de Procesado de Sinal en Comunicacións (GPSC) e Information & Computing Lab (I&CLAB) do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, participan xunto ao Instituto Nacional de Ciberseguridad (INCIBE) no proxecto Truffles (TRUsted Framework for Federated LEarning Systems), co obxectivo de deseñar e incorporar novos mecanismos e tecnoloxías que reforcen e incrementen a seguridade e a privacidade en contornas de aprendizaxe federada.
A través de Truffles, os propietarios de datos adestran os seus algoritmos localmente, poñéndoos en común cos demais para “producir un algoritmo que se beneficie da aprendizaxe cos datos respectivos”.
“Pódese pensar que este procedemento garante a privacidade, xa que ao fin e ao cabo os datos non chegan a saír do ámbito dos seus propietarios, pero tense demostrado a través de ataques prácticos que, a partir do algoritmo común, segue sendo posible extraer información sobre os datos empregados para adestrar localmente”, sinalan os docentes e investigadores da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e directores dos grupos GPSC e I&CLAB, Fernando Pérez e Rebeca Díaz, respectivamente.
Pérez e Díaz engaden que os algoritmos baseados en Intelixencia Artificial (IA) necesitan enormes cantidades de datos para o seu adestramento e en moitas situacións prácticas os propietarios dos datos non dispoñen dunha cantidade suficiente como para que a aprendizaxe do algoritmo sexa efectiva. Unha solución sería compartir os datos con outros propietarios, de modo que todos se beneficien da colaboración, pero isto implica a miúdo infrinxir as normativas de protección de datos, “cada vez máis garantistas cos dereitos dos individuos”, tal e como indican os responsables de Truffles.
O proxecto ten varias liñas de actuación entre as que destacan a identificación de ameazas realistas nun ámbito de aprendizaxe federada e a concepción de métodos para medir a privacidade que cuantifiquen a información privada que poden obter os atacantes como instrumento para coñecer as limitacións das solucións existentes. Por outra banda, tentarase proporcionar solucións que permitan mitigar ou eliminar as fugas de privacidade. “Estanse desenvolvendo métodos para compartir algoritmos protexidos mediante claves, métodos para o uso de tecnoloxías de cadea de bloques para poder trazar os procesos descentralizados de aprendizaxe e métodos para aumentar a robustez da aprendizaxe federada a fallos inesperados nas comunicacións ou fronte a sistemas onde a compartición de modelos sexa realizada en situación de mobilidade, onde non é posible garantir que o conxunto de propietarios de datos estea sempre dispoñible e conectado”, explican os investigadores de atlanTTic que participan no proxecto.
Truffles pretende ademais implementar un prototipo para demostrar a utilidade das técnicas desenvolvidas nun escenario real, para o que se porá o foco nun caso de uso no sector bancario, onde a privacidade é un requisito esencial, máis en concreto na detección de transaccións fraudulentas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026
Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?