Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cinco incubadoras e laboratorios audiovisuais recibirán máis de 170 mil euros en axudas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Cinco incubadoras e laboratorios audiovisuais recibirán máis de 170 mil euros en axudas

Redacción
Publicado: 08/08/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

agapi_ventura.jpgA Xunta de Galicia vén de publicar a concesión de 173.397 euros en axudas a cinco entidades audiovisuais para a organización de laboratorios, incubadoras ou residencias de formación e asesoramento tanto na creación como no desenvolvemento de novos proxectos para cinema e televisión. As iniciativas subvencionadas son a platafoma Ventura, o programa Agapi Impulsa Copros, o eSe 8 Lab, o Intersección Lab e o Conecta Lab.
Esta liña de apoio incorporouse en 2024 de xeito extraordinario ao programa anual de axudas que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destina ao sector. Así, as nove convocatorias deste ano suman unha dotación de 6,7 millóns de euros para dar cobertura a todo o proceso audiovisual: desde a escrita de guións, o impulso aos novos talentos e os traballos de preprodución, ata a produción e rodaxe, pasando polo labor das salas de cinema e os festivais, e a promoción do noso cinema en foros de negocio e mostras internacionais.
En concreto, esta convocatoria para laboratorios, incubadoras e residencias entronca nos seus obxectivos coa tamén nova liña para a escrita de guións e coas dirixidas á promoción do talento audiovisual galego e ao desenvolvemento de proxectos, todas elas centradas na fase previa á rodaxe dos filmes ou series. Neste caso, o obxectivo é contribuír á xestación e mellora de novas propostas para garantir a calidade e a solidez necesarias no seu camiño á fase de produción e, xa que logo, a súa viabilidade artística, técnica e financeira.

Proxectos solventes e con gran potencial

Os cinco proxectos apoiados contan cunha sólida traxectoria e articúlanse como propostas innovadoras para darlles resposta ás necesidades do sector e dos seus profesionais como un dos requisitos incluídos nas bases.
Unha destas iniciativas é a plataforma internacional Ventura que, desenvolvida pola Asociación Cultural Enfoques e vinculada ao festival Play-Doc de Tui, se dirixe a cineastas e produtoras que centran o seu labor na realización de películas independentes cunha forte visión artística.
As subvencións apoian tamén o labor que levan a cabo neste eido dous festivais coruñeses: a (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico para a súa incubadora eSe8 LAB, a través da que organiza xornadas de titorización e asesoramento, residencias artísticas e unha aula de formación, e o Intersección Festival Internacional de Cine para o Intersección Lab, onde profesionais galegos da dirección, o guión e a produción con residencia contan cun espazo de apoio á creación, de asesoramento e mentorías.
Dentro das entidades sectoriais, reciben subvención a Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización CREA para o Conecta Lab e as súas actividades de acompañamento no proceso de creación, escritura e desenvolvemento de longametraxes e series; e a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) para o Agapi Impulsa Copros, un programa gratuíto de asesoría personalizada para creadores e creadoras menores de 30 anos que queiran mellorar e orientar no seu financiamento proxectos de coprodución para cinema e televisión.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?