Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: CIES (Seresco) axuda ás administracións a afrontar os seus principais desafíos en ciberseguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

CIES (Seresco) axuda ás administracións a afrontar os seus principais desafíos en ciberseguridade

S. P.
Publicado: 13/08/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

seresco_cies_2.jpgNun contexto global, onde as ameazas cibernéticas son cada vez máis sofisticadas e frecuentes, as administracións públicas enfróntanse a desafíos críticos en materia de ciberseguridade, e Galicia non é allea a este crecente problema. Así nolo contan o grupo Seresco e a súa firma CIES, que lembran que en 2023 os Concellos e a Xunta contabilizaron máis de 1.500 incidentes de ciberseguridade, o que supuxo un incremento do 275% con respecto ao ano anterior no que unicamente se reportaron 400 incidencias, segundo datos do Centro Criptológico Nacional (CCN).
Seresco advirte que en 2024 o problema “vai en aumento”, xa que a mesma fonte apunta que, no conxunto de España, durante os dous primeiros meses do ano rexistráronse 25.000 incidentes de ciberseguridade no sector público, o que implica un aumento do 190% con respecto ao mesmo período do ano anterior.
“A necesidade de protexer información sensible e asegurar a continuidade dos servizos públicos críticos é máis urxente que nunca”, sinala a empresa, puntualizando que este camiño a percorrer (o dunha contorna dixital segura) é un camiño que as administracións deben facer da man de socios expertos: “É neste escenario onde empresas especializadas xogan un papel fundamental para dotar ás administracións de ferramentas axeitadas para enfrontar os devanditos retos e poder así protexer a información contra accesos non autorizados para evitar brechas de seguridade; ou previr, e na súa falta restaurar de forma rápida, a información e servizos fronte a ameazas como o Ransomware, que solicitan un rescate a cambio para acceder á información cifrada; ou xestionar a superficie de exposición; ou, tamén, xestionar o risco humano”.
Seresco engade que esta colaboración é crucial tamén para o cumprimento das diferentes normativas vixentes en materia de ciberseguridade, para mellorar a resiliencia organizativa e para fomentar o intercambio de información entre os organismos públicos e privados, participando de forma activa en iniciativas como a Red Nacional de SOC ou CSIRT.es.
CIES: experiencia e confianza como piar da ciberseguridade nas administracións
seresco_cies_3.jpg Neste proceso de transformación das administracións, CIES postúlase como un aliado ideal debido á súa especialización co sector público, son especial atención nas entidades locais.
Constituída en 2005, actualmente CIES forma parte do Grupo Seresco como unidade especializada en xestión de riscos, e desenvolveu unha sólida reputación no sector, integrando a máis de 40 profesionais especializados en diversas áreas da ciberseguridade e a xestión de riscos. O seu equipo multidisciplinar permite prestar un servizo integral, a través de novos equipos de seguridade ofensiva (Red Team), seguridade defensiva (Blue Team), o seu Centro de Operacións de Seguridade (SOC) así como os seus especialistas en cumprimento normativo en protección e privacidade.
A experiencia de CIES con máis de 300 clientes, que inclúen comunidades autónomas, deputacións, concellos e empresas do sector público, é un testemuño da súa capacidade para satisfacer as necesidades específicas das administracións.
CIES ofrece unha serie de servizos especializados para protexer as administracións de ciberataques. A través de servizos como as Oficinas de ciberseguridade e cumprimento normativo, xestiónase a ciberseguridade aliñándose con normas e estándares recoñecidos, establecendo a gobernanza necesaria para unha correcta protección. O seu Centro de Operacións de Seguridade (SOC), que é parte de importantes redes como FIRST, Trusted Introducer, Red Nacional de SOCs (RNS) e CSIRT.es, ofrece un servizo de monitoraxe, utilizando solucións do Catálogo CPSTIC 105, asegurando unha prevención proactiva, así como unha resposta rápida a incidentes. Ademais, en resposta á crecente ameaza de ataques de Ransomware, CIES proporciona diversas solucións e servizos orientados tanto en previr como en preparar ás entidades públicas antes este tipo de ameazas.
En palabras de Jorge Lazcano, director de ciberseguridade de CIES Grupo Seresco “a ciberseguridade nas administracións públicas é un desafío que non pode ser subestimado. A necesidade de protexer a información e asegurar a continuidade dos servizos require solucións avanzadas e unha vixilancia constante. Nun mundo dixital en rápida transformación, contar cun socio de confianza, con ampla experiencia e especialización en ciberseguridade non é só unha opción, senón unha necesidade imperativa”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?