Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os robots Da Vinci superan as 5 mil intervencións cirúrxicas en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os robots Da Vinci superan as 5 mil intervencións cirúrxicas en Galicia

Redacción
Publicado: 20/08/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20240820_da_vinci_02.jpgO Servizo Galego de Saúde acadou, con datos a 2 de xullo, as 5.216 intervencións cos robots Da Vinci despois de tres anos da súa implantación. Os robots foron instalados en xullo do 2021 para a cobertura de diversos servizos como a cirurxía torácica, a cirurxía xeral e dixestiva, xinecoloxía, otorrinolaringoloxía, uroloxía e cirurxía pediátrica.
As especialidades con maior número de operacións foron uroloxía (cun total de 2.305), seguida do servizo de cirurxía xeral e dixestiva (con 1.994). En canto ao resto de especialidades, o servizo de xinecoloxía realizou 475 intervencións; cirurxía torácica, 345; otorrinolaringoloxía 96 e cirurxía pediátrica, 1.
A peche do primeiro semestre de 2024, a área sanitaria de Vigo realizou 1.377 intervencións, sendo a que suma o maior número de cirurxías robotizadas co Da Vinci neste período. Séguea a área da Coruña e Cee, chegando a 891 intervencións; a de Ferrol con 830; a de Santiago de Compostela e Barbanza con 736; a de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos con 603; a de Pontevedra e O Salnés con 425 e a de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras con 345.
Este equipamento tecnolóxico supuxo un investimento de máis de 56 millóns de euros e cubre dende o inicio da súa actividade as sete áreas sanitarias galegas, iniciando a súas funcións no servizo de uroloxía de xeito simultáneo e estendéndose máis tarde ás áreas de cirurxía xeral e dixestiva e de xinecoloxía.

Cirurxía robótica na sanidade pública galega

As intervencións robotizadas presentan unha gran vantaxe con respecto ás cirurxías tradicionais, ofrecendo unha maior precisión, unha mellora no acceso a zonas complexas e unha mellor visualización grazas á visión 3D reconstrutiva. Estas virtudes aportan maior seguridade e calidade intra e postoperatoria, permitindo unha recuperación máis rápida dos doentes.
Tamén os profesionais e os centros hospitalarios son beneficiados xa que diminúen o número de transfusións e complicacións durante a intervención, mellora o rendemento dos quirófanos e redúcense os tempos de estadía media, o que se traduce nunha menor ocupación de camas dispoñibles.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?