Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Medra a dotación tecnolóxica dos centros de FP
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Medra a dotación tecnolóxica dos centros de FP

Redacción
Publicado: 27/08/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

27082024fpinversion.jpgA Xunta inviste neste novo curso escolar 2024-2025 case 6 millóns de euros en equipamento para os centros que imparten ensinanzas de FP. Anunciouno esta mañá o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, nunha visita ás obras de ampliación do Instituto IES Manuel Chamoso Lamas, no Carballiño, un dos 140 centros beneficiados desta dotación de material. Neste centro a achega é de 64.000 euros para un paquete de dotación que inclúe unha equilibradora e unha desmontadora de rodas, un equipamento de ensaio mediante ultrasóns ou un brazo de robot colaborativo con controladora, entre outra maquinaria.
O titular do departamento educativo do Goberno galego salientou que este orzamento “supón un incremento de 4,3 millóns de euros respecto ao ano pasado, é dicir, que multiplicamos practicamente por catro o orzamento para esta partida. Tamén sinalou que a FP, cada vez máis especializada, “demanda espazos máis tecnificados e tecnoloxías punteiras, polo que aumentan os centros que contan con simuladores ou xemelgos dixitais, tanto nos seus talleres como en espazos como a rede de 80 aulas de tecnoloxía aplicada”.
A dotación de maquinaria enmárcase na Estratexia FP Galicia 2030 e no Plan Innova FP Galicia, follas de ruta da Xunta para que modelo de FP galego acade novas cotas de éxito, que establecen a tecnificación e equipamento dos centros como unha prioridade.
O material distribuído entre os centros de FP inclúe todo tipo de maquinaria e instrumentos para dar resposta ás necesidades dos ciclos formativos das diferentes familias profesionais. Inclúense, deste modo, distintos tipos de tornos, robots móbiles autónomos, cizallas para chapa, fresadoras de torreta, equipos de infravermellos, unha cabina de despolvorización de operarios, unha fundidora dental electrónica por indución, unha ducha vichy, maquetas de vehículos con propulsión eléctrica ou sistemas de climatización e de purificación de auga, entre outros.
Tamén aparellos de menor envergadura, como manequíns para prácticas de reanimación cardiopulmonar, envasadoras ao baleiro, cortadoras, maquetas de circuítos eléctricos, bancos de traballo, cascos…

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?