Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Denuncian o abuso das moedas virtuais dentro dos videoxogos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Denuncian o abuso das moedas virtuais dentro dos videoxogos

Redacción
Publicado: 12/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

beuc_game_over.jpgA organización de defensa dos consumidores europeos BEUC e 22 organizacións asociadas de 17 países (entre as que figura a OCU) presentaron unha denuncia ante as autoridades da UE sobre as prácticas desleais de empresas líderes de videoxogos, detrás de títulos como Fortnite, EA Sports FC 24, Minecraft e Clash of Clans, a quen acusan de incumprir as leis de protección do consumidor da UE, polo que instan ás autoridades a garantir que as empresas respecten as normas e ofrezan aos consumidores contornos de xogo seguros.
A denuncia da BEUC ante a Comisión Europea e a Rede Europea de Autoridades de Protección ao Consumidor (CPC-Network) expón como a industria dos videoxogos maximiza o gasto dos consumidores empregando moedas premium dentro dos xogos. Concretamente, BEUC e os seus membros identificaron que:
– Os consumidores non poden ver o custo real dos artigos dixitais, o que leva a un exceso de gasto: a falta de transparencia no prezo das moedas premium e a necesidade de mercar moeda extra en paquetes empuxa os consumidores a gastar máis. As compras dentro dos xogos deberían mostrarse sempre en diñeiro real, ou polo menos debería indicarse a equivalencia coa moeda do mundo real.
– As afirmacións das empresas de que os xogadores prefiren moedas premium son falsas: moitos consumidores consideran este paso innecesario e enganoso, e prefiren mercar artigos directamente con diñeiro real.
– A miúdo néganselles os dereitos aos consumidores cando utilizan moedas premium, ligados a termos inxustos que favorecen os desenvolvedores de xogos.
– Os nenos son aínda máis vulnerables a estas tácticas manipuladoras. Os datos mostran que os nenos en Europa gastan de media 39 euros ao mes en compras dentro dos xogos. Aínda que son dos que máis xogan, teñen unha alfabetización financeira limitada e son facilmente influenciables polas moedas virtuais.
Dende a BEUC lembran que máis da metade dos consumidores europeos xogan regularmente a videoxogos, negocio que xera máis ingresos polas compras dentro dos xogos que as industrias do cine e a música combinadas. Tamén apuntan o feito de que nos últimos anos as empresas de videoxogos mudaron os seus modelos de negocio, dependendo cada vez máis de compras dentro dos propios xogos, destando que en 2023 os nenos gastaron unha media de 39 euros/mes en compras dentro de xogos (fronte aos 33 euros/mes de 2020).
Os problemas sinalados na denuncia da BEUC van máis alá dos videoxogos e aplícanse tamén ás redes sociais e outras plataformas, o que denota a necesidade dunha mellor aplicación do marco legal de protección ao consumidor e unha maior regulación nos vindeiros anos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?