Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Camiño de Santiago avanza da man da tecnoloxía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Camiño de Santiago avanza da man da tecnoloxía

Redacción
Publicado: 18/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20240918_presentacioncamino360.jpgDurante a presentación do proxecto de dixitalización Camiño Francés, Camiño 360º, o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, salientou a aposta da Xunta de Galicia por facer uso das tecnoloxías para avanzar nun Camiño de Santiago cada vez máis sustentable.
No discurso do acto, Xosé Merelles agradeceu á Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés a súa aposta por “avanzar nun Camiño de Santiago cada vez máis adaptado aos novos tempos, mantendo sempre á súa esencia”. Neste sentido, salientou que se aliña cos obxectivos do Goberno autonómico que conta con diferentes medidas nesta liña no Plan Director dos Camiños de Santiago 2027 “e tamén fixemos uso dos fondos europeos Next Generation para afondar nestas cuestións”, engadiu.
Neste sentido, o director de Turismo de Galicia salientou que o Goberno galego non escatima “esforzos no mantemento e adaptación das rutas xacobeas mediante a dixitalización, do mesmo modo que procuramos a excelencia na experiencia do peregrino innovando a oferta de peregrinación”. Nesta liña, atópase o Plan Xacobeo Next Generation, que conta cun investimento global de 39,1millóns de euros con fondos europeos, dos que a Xunta xestiona directamente máis de 31 millóns de euros.

Contidos
  • Xacobeo Next Generation
  • Accesibilidade e sustentabilidade

Xacobeo Next Generation

Neste marco financeiro, Turismo de Galicia enmárcase tamén un ambicioso proxecto que, como dixo, xa está en marcha. “Trátase da dixitalización dos diferentes elementos e instrumentos da Rede dos Camiños de Santiago en Galicia a través dunha cartografía dixital de todos os Camiños para identificar e vectorizar, coa precisión suficiente, os diferentes elementos territoriais”, explicou.
Xosé Merelles indicou que ademais esta planificación tamén inclúe unha aplicación que permita, en xeral, a xestión, mantemento, agregación de nova información e explotación dos datos por parte de técnicos e especialistas en turismo. Finalmente, tamén se producirá un vídeo 360 xeorreferenciado para cada un dos itinerarios do Camiño de Santiago.

Accesibilidade e sustentabilidade

Referíndose ao proxecto presentado hoxe en Santiago, o director de Turismo de Galicia destacou que Camiño Francés: Camiño 360º “fai accesible ao peregrino o patrimonio cultural, artístico e natural relacionado co Camiño de Santiago, mellorando a sustentabilidade e enriquecendo a oferta turística”.
Ademais, promove o uso de tecnoloxías innovadoras para que “os municipios que forman parte do Camiño gañen en competitividade e sigan promovendo a actividade turística como fonte de emprego e riqueza para fixar poboación”. “E por suposto, tamén axuda a desestacionalizar aínda máis as visitas neste tramo do Camiño de Santiago ofrecendo o coñecemento de atractivos turísticos ao longo de todo o ano”, engadiu.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?