Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Quobis e Cinfo desenvolverán aplicacións de saúde no marco do programa Tech Angels Network
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Quobis e Cinfo desenvolverán aplicacións de saúde no marco do programa Tech Angels Network

Redacción
Publicado: 18/09/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

tech_angels.jpgO Clúster TIC Galicia desenvolverá dúas aplicacións de saúde e benestar, no marco do seu programa Tech Angels Network, a través da alianza estratéxica entre Quobis e o proxecto Cardi@ngel, do enxeñeiro compostelán Jesús Velasco, e entre a tecnolóxica Cinfo e Zenss, unha iniciativa da emprendedora coruñesa Astrid Rincones.
Cardi@ngel e Zenss son dúas das once ideas de negocio que se presentaron a Tech Angels Network, acadando o apoio das empresas socias da entidade Quobis e Cinfo, que actuarán como Tech Angels destes produtos, dende o proceso de deseño ata o seu lanzamento, previsto para o vindeiro ano.
27797724_564548987233720_6965130159103190732_o.jpgCardi@ngel é unha app de alerta inmediata, colaborativa e gratuíta, dirixida a usuarios con enfermidades do corazón e a voluntarios que saiban realizar reanimación cardiopulmonar (RCP).
“Cun só clic na pantalla do móbil por parte da persoa que está a sufrir o infarto ou ataque cardíaco, os voluntarios próximos á súa localización recibirían un aviso para poder practicarlle a RCP o máis rápido posible”, sinala Jesús Velasco, promotor de Cardi@ngel e CTO da empresa homónima.
Con carácter paralelo, a aplicación enviaría unha notificación ao servizo de emerxencias. “A idea xurdiu a raíz da morte dun amigo. Sufriu un infarto e faleceu como consecuencia de non recibir a asistencia adecuada no momento preciso”, confesa.
O apoio de Quobis chega nun momento clave para a empresa. “Que unha compañía líder no suministro de solucións de comunicacións desenvolva o software de Cardi@angel axiliza moito o proceso de lanzamento do produto, xa que está baseado precisamente en comunicacións áxiles e fiables”, apunta Velasco.
398843934_657404909795564_4623458483342574483_n.jpgCinfo, pola súa banda, chegou a un acordo coa emprendedora coruñesa Astrid Rincones, impulsora de Zenss, unha solución para acompañar a persoas con problemas de saúde mental. “A través do programa de preincubación Santander X Explorer transformei a proposta nun proxecto sostible e foi aquí onde me recomendaron presentalo a Tech Angels”, comenta Rincones, e engade: “Que Cinfo confiase na miña proposta paréceme unha gran oportunidade porque esta solución vai axudar a moita xente”.
A aplicación está pensada para servir de apoio a gabinetes e clínicas psicolóxicas, terapeutas ou psiquiatras, para que poidan realizar un seguimento máis preciso dos seus pacientes e afinar os diagnósticos. A través dun deseño atractivo, funcional e amigable, o usuario pode utilizar a aplicación coma un diario psicoemocional no que indicar o seu estado anímico ou utilizar a gravadora de voz para rexistrar as cuestións que máis lle preocupan.
“Cos datos recompilados, realízase un seguimento anímico do paciente, xéranse estatísticas para coñecer o seu historial mental, e a través da intelixencia artificial, pódense detectar termos que xeren alertas para previr certas condutas, por exemplo, pensamentos suicidas”, precisa Astrid.
Outra das iniciativas que contempla o programa Tech Angels do Clúster TIC Galicia é o evento Tech Angels Capital, que se celebrará o 28 e 29 de outubro nas instalacións da Zona Franca de Vigo, en colaboración coa AMTEGA, o propio Consorcio, o Igape e NodeHub, e para o que xa está aberta a inscrición para empresas emerxentes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?