Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta impulsa a transformación dixital do sistema sanitario
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta impulsa a transformación dixital do sistema sanitario

Redacción
Publicado: 20/09/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

programa-xornada-ahosgal-2024-5.jpgNa clausura este mediodía en Santiago, da xornada divulgativa A medicina do futuro, intelixente e ¿artificial?, a secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade, Natalia Lobato, asegurou que a Xunta avoga por impulsar unha transformación dixital do sistema sanitario que conxugue o uso ético e seguro dos datos coa súa accesibilidade para favorecer a investigación.
“Queremos avanzar cara aos novos retos e adaptarnos aos escenarios organizativos, tecnolóxicos e normativos do presente e do futuro” remarcou a secretaria xeral técnica, quen avogou por aliñarse coas iniciativas europeas e por conxugar o emprego ético e seguro dos datos coa flexibilidade necesaria para facilitar o seu acceso para avanzar no eido da investigación.
Durante a xornada, especialistas dos ámbitos da saúde, da investigación e das novas tecnoloxías abordaron os cambios que experimentará a atención sanitaria nos vindeiros anos e os retos e as oportunidades que suporá a incorporación da intelixencia artificial e o big data ao eido da medicina.
Natalia Lobato precisou que é necesario “fixar un novo modelo para a transformación do ecosistema sanitario”, no que “a tecnolóxica será unha ferramenta indispensable para resolver os novos retos da Sanidade”, que derivan do incremento da demanda de atención sanitaria, do envellecemento da poboación e do aumento das enfermidades de tipo crónico.
Neste sentido, a secretaria xeral técnica lembrou os principais eixos do Plan de transformación e saúde dixital que elaborou a Xunta para o período 2023-2026, unha transformación dixital que será “intelixente, personalizada, inclusiva e que estará gobernada polo dato”.
De acordo con isto, e xunto coas melloras que suporá a inclusión destas tecnoloxías, Lobato apuntou que a Administración galega está nestes intres traballando na tramitación dunha lei que regulará o emprego da Intelixencia Artificial na comunidade. Un novo texto lexislativo que terá en consideración os riscos do seu uso e que abordará o seu uso desde diferentes perspectivas, afondando nas súas vertentes ética e social.

Contidos
  • O médico seguirá
  • Cambiará pero non tanto

O médico seguirá

jornada-ahosgal-2.jpgO presidente da Asociación de Hospitais de Galicia (Ahosgal), José Ignacio Vidal, asegurou que “non podemos renunciar nin prescindir da Intelixencia Artificial na sanidade. “Ten moitas achegas positivas, que facilitan o labor dos profesionais, permiten optimizar recursos e benefician ao usuario, que é a parte máis importante na atención sanitaria”, explicou.
Vidal subliñou que é “evidente que o papel do médico se manterá” no futuro, porque “seguirán sendo necesarios o seu coñecemento científico e a experiencia na relación co paciente e co entorno”. Ademais, “a IA achega maior seguridade aos usuarios e permite humanizar o tempo de relación médico-paciente, cun trato máis persoal e directo, sen a mesa do despacho polo medio”.
O presidente de Ahosgal advertiu que o “desenvolvemento da IA na atención sanitaria debe realizarse dende unha óptica integradora, de colaboración público-privada, porque é importante sumar esforzos e compartir os avances acadados para poñelos a disposición dos usuarios”. “Debemos superar dunha vez por todas a dicotomía entre sanidade pública e privada, porque as dúas partes somos necesarias para dispor do mellor servizo sanitario”, concluíu.
O vicepresidente de ASPE, Pedro Rico, defendeu o esforzo da sanidade privada para implantar novos proxectos tecnolóxicos baseados en IA, que permiten que a atención sanitaria “sexa máis segura e máis precisa”. Non obstante, asegurou que en ningún caso suporá a substitución do médico. “A medicina é ciencia e arte, non só ciencia e datos,” engadiu.

Cambiará pero non tanto

jornada-ahosgal-1.jpgSenén Barro, investigador, profesor de IA e director do CiTIUS da USC, asegurou que a “medicina cambiará co uso da IA, pero non tanto” porque as máquinas están “anos luz dos humanos”. Non obstante, ten capacidades para “ver cousas que non ve o ollo clínico e non dan puntada sen fío”, en alusión á precisión que achega a cirurxía robótica.
Segundo expuxo, a IA non acabará coa función dos médicos, senón que realizará parte das tarefas rutineiras e burocráticas de forma automatizada e permitirá dispoñer de “máis tempo para realizar labores de maior valor engadido”. Con todo, expresou o seu desexo de que a intelixencia artificial poida “cambiar a forma de ensinar a medicina”.
Pola súa parte, Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, explicou que a IA contribuirá a “reducir o tempo de diagnóstico das enfermidades” e destacou o seu papel fundamental na realización do proxecto Xenoma Galicia, unha iniciativa “ambiciosa e moi importante”, que pretende secuenciar o xenoma de 400.000 galegos. “Non sería posible sen a IA para asegurar o manexo dos datos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?