Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha xornada analizará o futuro dos medios públicos galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha xornada analizará o futuro dos medios públicos galegos

Redacción
Publicado: 27/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

66f67e1561-os-medios-publicos-galegos-no-marco-normativo-europeo.jpgO Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e a Agrupación de Xornalistas de Comisiones Obreras (CCOO) promoven a xornada Os medios públicos galegos no marco normativo europeo para analizar as implicacións da Lei Europea de Liberdade de Medios nas radios e televisións públicas. O acto, encadrado no actual debate sobre o futuro da CRTVG, desenvolverase o luns 7 de outubro a partir das 16:30 no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (Avenida de Castelao, s/n), e contará coa participación de diferentes expertos estatais e europeos.
A xornada dará comezo cunha presentación, tras a que se celebrará ás 17:00 horas o primeiro relatorio, baixo o título A Lei Europea de Liberdade de Medios de Comunicación (EMFA) no que intervirán a alemá Renate Schroeder e a croata Maja Sever, directora e presidenta, respectivamente, da Federación Europea de Xornalistas (EFJ). Ambas as dúas xornalistas participaron activamente no proceso que deu lugar ao regulamento europeo e explicarán ao público galego o que esta normativa comunitaria, de obrigado cumprimento para todos os estados membros, pode significar para o futuro dos medios públicos, nunha intervención que estará presentada por Marta Barcenilla, responsable da Agrupación de Xornalistas de CCOO.
Ás 18:15 desenvolverase a segunda parte da xornada: a mesa redonda O caso CRTVG, na que representantes de distintos medios públicos do Estado debaterán sobre a situación da corporación galega no cadro do novo regulamento europeo. Neste coloquio van intervir Luis M. Lombardo, responsable de comunicación de CCOO Madrid e traballador de Telemadrid; Carolina Pecharromán, editora de igualdade dos servizos informativos da Radiotelevisión Española e membro da Agrupación de Xornalistas de CCOO; Montse Montaos, integrante do Comité Intercentros da Corporación Radio e Televisión de Galicia e do Grupo de Expertos en Radiodifusión (BREG) da EFJ; e Nil Via, xornalista de Catalunya Ràdio e membro do grupo de medios públicos do Col·legi de Periodistes de Catalunya. O debate estará moderado pola decana do CPXG, Belén Regueira.
Este acto encádrase no actual debate sobre a aplicación da Lei Europea de Liberdade de Medios de Comunicación aos medios galegos, logo da presentación do Anteproxecto de Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital por parte da Xunta de Galicia, e quere contribuír a dar a coñecer de maneira axeitada o que este regulamento significa para a radio e televisión de Galicia. A asistencia á xornada é libre e gratuíta, pero recoméndase a inscrición por correo electrónico, para poder recibir un certificado de asistencia e a efectos de facilitar a organización.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?