Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Rueda anuncia que a Xunta construirá no polígono da Sionlla o novo edificio do CESGA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Rueda anuncia que a Xunta construirá no polígono da Sionlla o novo edificio do CESGA

Redacción
Publicado: 07/10/2024
8 Min de Lectura
Compartir
8 Min de Lectura

241007_pte_edu_consello_rp_dcs-4.jpgO presidente Rueda, anunciou que a Xunta de Galicia vai destinar 56 millóns de euros á construción do novo edificio do CESGA “que estará situado no polígono da Sionlla”. Asegura que “será o maior investimento feito no CESGA ao longo da súa historia e a previsión é que estea listo a mediados de 2026”.
O novo edificio do CESGA albergará as novas infraestruturas tecnolóxicas avanzadas do centro que estarán a disposición da comunidade científica e das empresas. Tal e como explicou o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, a actuación realizarase cun orzamento de máis de 56 millóns de euros de fondos europeos e do Goberno galego, tras lograr captar 47,4 millóns de euros procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia, no marco do PERTE Chip. De feito, Galicia é a comunidade que consegue unha maior achega entre todos os membros da Rede Española de Supercomputación (RES), formada por 14 nodos distribuídos por todo o Estado, que recibe, no seu conxunto, 63 millóns de euros. É dicir, que Galicia capta o 75% dos fondos repartidos en toda España.
Para poder levar a cabo todas as actuacións do proxecto, a Xunta de Galicia incrementa o orzamento nun 20%, posibilitando o impulso do CESGA no seu liderado internacional. Ademais desta achega, dispón do soar do polígono da Sionlla en que se construirá o novo centro co fin de poñer en funcionamento este servizo nos prazos establecidos.
O edificio situarase nun soar cunha superficie de máis de 9.100 metros cadrados e terá unha superficie construída de 5.800 metros cadrados, que cumpre con todos os requirimentos imprescindibles para o seu funcionamento. Pola natureza singular do proxecto, e de cara a unha futura ampliación e adaptación á súa evolución, é necesario realizar un deseño integrado que aliñe todos os aspectos interrelacionados entre si. Deste xeito, a disposición do novo data center terá en conta os sistemas construtivos e as instalacións, pero tamén aspectos de planificación do espazo, a funcionalidade de cada subsistema, e a seguridade das persoas e equipamentos, entre outras características.
Respecto ao aspecto máis arquitectónico, e no que atinxe á estética do novo edificio, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional busca convertelo nun referente non só en canto á súa funcionalidade, senón tamén a nivel estético, sen esquecer no proceso aspectos tan importantes coma os ambientais e de eficiencia enerxética.

Contidos
  • Ampliación das capacidades do Cesga
  • Avanzar na xeración de coñecemento

Ampliación das capacidades do Cesga

241007_pte_edu_consello_rp_dcs-1.jpgO obxectivo deste investimento é reforzar o CESGA como un centro de referencia no ámbito nacional e europeo, que estea á vangarda en infraestruturas de computación, así como no coñecemento sobre tales infraestruturas. Para iso, ademais da nova sede do CESGA que contará cun orzamento de máis de 12 millóns de euros, están previstas unha serie de actuacións para mellorar a calidade dos servizos ofrecidos á comunidade científica e tecnolóxica coa dotación de novas infraestruturas.
O conselleiro detallou que o CESGA contará cun novo supercomputador, o Finisterrae IV, que proporcionará unha potencia computacional adicional cubrindo necesidades de intelixencia artificial, entre outras, e ao que se destinarán 18,6 millóns de euros. Tamén se ampliará a capacidade de almacenamento do centro mediante unha nova infraestrutura que permitirá almacenar gran cantidade de datos de modo permanente e prestar servizos de datos avanzados, á que se destinarán 7,8 millóns.
Completarase a oferta actual do CESGA en computación cuántica con novas capacidades que impulsen o desenvolvemento do ecosistema de computación cuántica e favoreza o seu liderado internacional, que contará cun investimento de 18 millóns.
Todas estas novas infraestruturas serán localizadas no novo edificio do polígono da Sionlla, que será complementario ao centro de procesamento de datos actual do CESGA situado no campus universitario, e funcionará como centro de procesamento de datos específico e adaptado a estas novidades. Así, ampliaranse as capacidades de aloxamento de infraestruturas tecnolóxicas avanzadas deste centro dependente da Xunta de Galicia e do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Avanzar na xeración de coñecemento

241007_pte_edu_consello_rp_dcs-7.jpgEste proxecto que despregará o Goberno autonómico suporá un importante incremento da capacidade de cálculo e almacenamento científico do CESGA, o que permitirá á comunidade científica galega e ao CSIC avanzar máis rapidamente na xeración de coñecemento e na innovación en áreas como a física de altas enerxías, a climatoloxía, a meteoroloxía, a oceanografía, as ciencias da vida, o deseño de fármacos, a ciencia de materiais, a medicina especializada, a intelixencia artificial, a optimización de procesos industriais, a sustentabilidade e moitas máis.
Ademais, achegará vantaxes competitivas aos grupos de investigación que son usuarios do nodo CESGA como membros da Infraestrutura científica e técnica singular (ICTS) integrada na Rede Española de Supercomputación (RES), ante a crecente demanda destes. Actualmente o CESGA conta cunha nómina de usuarios moi significativa, uns 1.400 usuarios, dos cales o 25% son de fora de Galicia.
Así mesmo, estas infraestruturas permitirán ao CESGA seguir mellorando os servizos que presta e que redundan nunha mellora da calidade de vida dos galegos, como dar soporte computacional á predición diaria do estado do mar para toda a fachada atlántica europea para o sistema de monitorización europeo Copernicus, á predición xeral do tempo en Galicia para MeteoGalicia, á simulación de asolagamentos na bacía hidrográfica Galicia-Costa para Augas de Galicia ou á produción das preto de 40.000 análises xenómicas de pacientes que a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica produce anualmente.
Por último, contribuirán a un fortalecemento e ampliación das colaboracións que o centro mantén con empresas tractoras de diversos sectores como Finsa, Hijos de Rivera ou Mestrelab e que resultan en melloras competitivas destas. Actualmente, o CESGA conta con dúas infraestruturas de computación: o Finisterrae III e o Qmio, dous recursos moi potentes que están á disposición do ecosistema de I+D+i, o que repercute nun beneficio para practicamente todos os sectores económicos.
Na aposta decidida da Xunta de Galicia pola supercomputación e a promoción de servizos comúns de apoio ás tarefas de investigación, naceu o CESGA, unha das infraestruturas máis relevantes da área de computación de altas prestacións en España. “Galicia conta cun dos mellores centros de cuántica do sur de Europa e este novo edificio vai manter a Galicia á vangarda neste eido”, indicou Rodríguez, quen salientou que se trata “dun proceso ambicioso que vai marcar o desenvolvemento de áreas clave como a biotecnoloxía ou a intelixencia artificial”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?