Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: PuntoGal celebra os seus 10 anos con promocións e nova imaxe
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

PuntoGal celebra os seus 10 anos con promocións e nova imaxe

Redacción
Publicado: 10/10/2024
9 Min de Lectura
Compartir
9 Min de Lectura

10anos_puntogal.jpgO dominio .gal cumpre este ano o seu décimo aniversario e, para celebralo, PuntoGal impulsa unha serie de actividades de visibilización e promoción da cultura e a tecnoloxía galegas, ademais dunha oferta especial mediante a que se pode obter un .gal para dous anos por tan só dez euros máis IVE. O dominio visibilizará este aniversario coa campaña Menudo domin10! para compartir coa cidadanía a consolidación dun proxecto vertebrador e comprometido co país.
Caamaño& Ameixeiras e o proxecto Pava de Lucía Aldao poñeranlle a música a esta celebración cun festival que terá lugar o sábado, 30 de novembro, en Pontevedra no marco do Culturgal. O dominio elaborou un programa de actividades baixo o lema PuntoGal presenta que inclúe un combate de debuxantes en colaboración con Autobán, talleres de LEGO para os máis novos en colaboración coa FIRST LEGO League ou unha xornada profesional na que se abordarán os retos da rede para Galicia, especialmente no que se refire á supervivencia do idioma fronte ao dominio das grandes multinacionais tecnolóxicas. A presenza de PuntoGal completarase cun expositor central na feira, no que se fornecerá información sobre os proxectos aos que presta apoio o rexistro, que inclúen desde o Museo do Videoxogo de Galicia ata o Museo do Pobo Galego, pasando polas feiras de autoedición ou os certames literarios coa Real Academia Galega.
A conmemoración inclúe dúas ofertas especiais para facerse dun dominio galego. A primeira delas permite comprar un .gal para dous anos por tan só dez euros máis IVE entre o 27 de novembro de 2024 e o 3 de xaneiro de 2025. A segunda está dirixida especificamente ás entidades sen ánimo de lucro que, a partir de agora, teñen a opción de optar a un dominio a prezos moi reducidos, xunto con outras vantaxes engadidas.

Contidos
  • Nova imaxe
  • Representación de Galicia na rede

Nova imaxe

Os dez anos de PuntoGal serven tamén para cambiar a imaxe de marca do rexistro. O seu tradicional logotipo, o nome sobre un círculo azul, naceu no ano 2006, cando se constituíu a entidade asociativa que posteriormente daría lugar ao dominio. Baixo a dirección creativa da axencia coruñesa Lapera, desenvolveuse un novo logotipo, unha carta de cores actualizada, cambiouse a tipografía e presentouse un novo lema
A nova imaxe constrúe un espazo versátil e amosa o que representa hoxe .gal, unha casa común, de todas e todos, no que o dominio adopta a forma que os seus usuarios precisen para identificarse con eles. Segundo sinala o estudo creativo, o proceso cristalizou “nun logo que está vivo, que representa o tradicional punto de PuntoGal pero en formato fluído, en movemento”. A imaxe acompáñase dunha tipografía moderna pero que lembra as raíces galegas e co lema O teu punto forte. A nova imaxe está xa presente nas webs e redes sociais de PuntoGal e aplicarase paulatinamente noutros ámbitos nos que o dominio ten presenza.
Lapera tamén é responsable da campaña de conmemoración que realizará PuntoGal en medios de comunicación en redes co nome Menudo domin10!, na que se ligan as destrezas tradicionais galegas co presente e o futuro que representan as redes tecnolóxicas.
A conmemoración do decenio de funcionamento do rexistro acompáñase tamén dunha axenda institucional, que terá a súa primeira parada o 15 de outubro no Parlamento de Galicia, onde a directiva do dominio manterá unha xuntanza co presidente da institución e con representantes dos grupos parlamentarios. O obxectivo é lembrar tamén os dez anos da declaración institucional que se asinou por unanimidade na sede parlamentaria o 26 de xuño de 2014, onde se afirma que .gal é unha “ferramenta chave para potenciar o uso do galego na internet, dotar a nosa cultura dun novo instrumento para aumentar a súa visibilidade e facilitar que as empresas gañen en proximidade co público galego” e se comprometía o “todo o apoio (…) no labor de difundir este proxecto e contribuír a facer visible a nosa lingua e cultura e situar Galicia no mapa mundial das comunicacións por internet”.

Representación de Galicia na rede

O presidente de PuntoGal, Manuel González, lembra que “moitos soñamos cunha Galicia máis próspera, máis dinámica, máis emprendedora para saber explotar os seus recursos e as súas capacidades, máis orgullosa da súa cultura e da súa identidade, máis cohesionada socialmente e con maior visibilidade e recoñecemento no mundo. Este era o soño que no fondo nos moveu para poñer en marcha hai dez anos un dominio .gal”. González considera que “nestes 10 anos .gal axudou a avanzar un chanzo nestes obxectivos, contribuíndo a construír unha Galicia máis cohesionada e identificada, a darlle visibilidade aos nosos recursos, a desenvolver as TIC en galego, a enriquecer a nosa cultura e, sobre todo, a darlle visibilidade a Galicia e á súa lingua na rede”.
O presidente do dominio, conclúe que, despois de 10 anos, “cómpre facer revisión do camiño percorrido, examinar os acertos e os erros producidos nesta etapa, e sobre todo coller novos folgos e novos azos para darlle un novo pulo á implantación do dominio ata convertelo no carné de identidade de todos os galegos na Rede. Non teño ningunha dúbida de que PuntoGal seguirá dando pasos camiño do soño que deu lugar á súa creación”.
Como entidade independente encargada do rexistro e xestión do dominio galego en internet, PuntoGal vén cumprindo desde 2014 con tres obxectivos fundamentais. Segundo sinala do director xeral do dominio, Darío Janeiro, “PuntoGal crea comunidade cos seus case 7.200 dominios baixo o paraugas dunha marca que identifica a Galicia na rede cos máis altos estándares de servizo e seguridade; representa ao país nos foros internacionais onde se dirimen as políticas de funcionamento de internet, como ICANN; e mantén un programa corporativo de apoio a iniciativas no ámbito da cultura, a tecnoloxía, a lingua ou o deporte galegos, que están no ADN da entidade”. Este programa abrangue distintas manifestacións creativas ou a recuperación e conservación da memoria e o patrimonio, en colaboración con institucións como a Real Academia Galega, o Museo do Pobo Galego, o Clúster da Comunicación de Galicia, a Asociación Galega de Fútbol Gaélico, entre outras.
Como membro activo da comunidade da Internet a nivel global, PuntoGal representa Galicia e a súa lingua ante ICANN, a organización internacional dedicada a coordinar e administrar o sistema de nomes de dominio (DNS) e a manter unha Internet segura, estable e interoperable. O dominio forma parte tamén dos GeoTLDs, plataforma que agrupa aos rexistros xeográficos e culturais; ou da RYSG, que reúne na mesma mesa aos principais rexistros e rexistradores da rede. Do mesmo xeito, é parte activa ou mantén convenios de colaboración con entidades que apostan por unha internet máis segura, como a Global Cyber Alliance, Womer for Cyber, a Internet Wacth Foundation e o nodo Ciber.gal da Xunta de Galicia.
Todo isto no sería posible, conclúe Janeiro, “sen o apoio das empresas, entidades, administracións e particulares que confían en .gal para a súa operativa diaria e, non menos importante, de todas as persoas que nestes anos apoiaron de moi distinta maneira, aportando tempo e coñecementos, este pequeno milagre que supón ter un dominio propio. Un proxecto que empeza agora outros dez anos con novas ideas para crecer e xerar comunidade, pero sempre en Galicia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?