Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Borgwarner construirá en Nigrán un centro de investigación avanzada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Borgwarner construirá en Nigrán un centro de investigación avanzada

Redacción
Publicado: 11/10/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20241011visitaborgwarner1.jpgO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou hoxe en Nigrán as obras de construción do futuro Centro de Investigación Avanzada eMobility de BorgWarner, apoiado economicamente pola Xunta de Galicia. O centro, que estará rematado a finais de 2025, prevé un investimento inicial de 12 millóns de euros, destinados á adquisición dos terreos e a construción, dos que a Xunta de Galicia achega 5 millóns, aos que se suma un investimento adicional de ao redor de 7,2 millóns de euros para dotación de equipamento.
Este centro está enfocado á investigación de tecnoloxías avanzadas para a mobilidade do futuro e representa unha infraestrutura clave para o grupo. Contará con 4.000 m² de oficinas, laboratorios e outras instalacións científicas e suporá a contratación de 30 profesionais altamente cualificados. Ademais, prevese como un centro aberto á colaboración con entidades como centros tecnolóxicos, universidades e empresas.
O titular de Ciencia destacou a relevancia desta infraestrutura para o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas innovadoras en electrónica e xestión térmica adaptadas á mobilidade eléctrica, que permitirán á compañía incrementar o seu coñecemento en novas áreas tecnolóxicas e o seu persoal investigador, que tamén poderían ser extensibles a outros sectores.
Román Rodríguez visitou tamén unha das sedes do Centro Técnico de España de BorgWarner, onde a compañía está a executar outros proxectos de I+D+i apoiados tamén pola Xunta de Galicia, como o proxecto eFabis orientado a desenvolver novos procesos produtivos e as súas tecnoloxías clave da Industria 4.0, para a xeración dun novo modelo estratéxico empresarial, baseado na sustentabilidade e na dixitalización, capaz de dar resposta aos retos de mobilidade eléctrica e conectada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?