O presidente da Xunta visitou hoxe a parcela en Curtis na que se construirá o Green Data Center (promovido por Ingenostrum e a sociedade Impulsa Galicia), un proxecto importante para a comunidade en palabras de Alfonso Rueda, quen subliñou que este tipo de centros “son a industria do futuro” e o que “van demandar cada vez máis as empresas”.
O futuro gran centro de datos que se localizará en Curtis supón un investimento de 51 millóns de euros e dará emprego a máis de 150 traballadores entre construción e funcionamento. Terá unha capacidade suficiente para almacenar datos das empresas e entidades públicas que o soliciten cun alto nivel de fiabilidade e dispoñibilidade.
Ingenostrum terá un grande centro de datos en Curtis
Compartir Este Artigo
